Angélica María Cepeda Jiménez, nada en Magangué o 2 de agosto de 1974, é unha actriz colombiana de cinema e televisión. Deuse a coñecer por telenovelas como Luz María (1998) ou Pobre Diabla (2000), ámbalas dúas emitidas en España pola TVE. Tamén ten traballado en series españolas como Vientos de Agua (2006) e Los protegidos estreada ó 12 de xaneiro do 2010 por Antena 3.
Biografía Comezos Angie Cepeda criouse en Barranquilla. Os seus pais, José Cepeda e Yadhira Jiménez, avogados, estaban divorciados dende había ben tempo, polo que Angie medrou canda a súa nai e mailas súas dúas irmás máis vellas Lorna e Ivette.
Carreira Houbo un tempo en que Cepeda decidiu estudar edición, porén descubriría a súa vocación no drama e mudouse a Bogotá para vivir cunha tía. Angie comezou os seus cursos de teatro, e foi contratada por unha compañía de cervexa para a que fixo algúns anuncios. Logo, ela foi interpretando en pequenos papeis en varias telenovelas e películas en Colombia.
A sorte chagaríalle cando conseguiu un papel na telenovela Las Juanas, fronte Susana Torres, chamando a atención a produtores de televisión que lle ofrecerían emprego en novelas de horario prime time; unha delas sería o papel principal en Luz María (1998), xunta Christian Meier e Rosalinda Serfaty, e o seu papel protagonista como "Fiorella Morelli Flores de Mejía-Guzmán" en Pobre Diabla (2000), fronte Salvador del Solar e Santiago Magill.
A pesar do éxito no eido das telenovelas, sobre todo en Luz María e Pobre Diabla, ámbalas dúas telenovelas peruanas que a deron a coñecer internacionalmente, o seu degoxo era facer cine, que é o que máis lle gusta. Afirmou deixar o mundo das telenovelas para se dedicar por enteiro ó cine.
A súa primeira intervención no mundo cinemático foi cun pequeno papel no filme Ilona llega con la lluvia (1996). O seu primeiro papel protagonista chegou da man do director peruano Francisco Lombardi quen a convenceu de representar unha prostituta chamada "La Colombiana" en Pantaleón y las visitadoras (2000). Foi un grande éxito en Colombia, España, o Perú e a Arxentina e recibiu boas críticas pola súa actuación. Tamén tivo enormes eloxios pola súa beleza e sensualidade debido á nudez e escenas quentes de sexo na película con Salvador del Solar.
Cepeda protagonizou Il paradiso all'improviso (2003), filmada en Italia, Samy y yo (2002), polo que recibiu críticas moi favorábeis. Con Love for Rent estréase falando inglés nun filme.
Vida persoal É a irmá máis nova da tamén actriz colombiana Lorna Paz (Yo soy Betty, la fea). Cepeda tivo unha relación co cantante Diego Torres.
Filmografía Filmes Ilona llega con la lluvia (1996) Pantaleón y las visitadoras (2000) Leyenda de Fuego (2001) El destino no tiene favoritos (2002) Sammy and me (2003) Il paradiso all´improvviso (2004) Love for Rent (2005) Oculto (2005) El Muerto (2007) Love in the Time of Cholera (2007) Passing By (2008) El Mal Ajeno (2008) El Pibe (2009)
Telenovelas e seriais La Maldición del Paraíso (1993) Crónicas de una generación trágica (1993) Solo una mujer (1995) Candela(1996) Las Juanas (1997) Luz María (1998) Pobre Diabla (2000) Vientos de agua (2005) Fuera de Lugar (2008) Los protegidos (2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial en Facebook
Categoría:Actores de Colombia Categoría:Modelos femininas de Colombia