Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de ala.

Traxectoria Xogou catro tempadas cos South Carolina Gamecocks da Universidade de Carolina do Sur, anotando 1.345 puntos"100 Years of Gamecock Basketball" , en grfx.cstv.com ..

Foi elixido na posición 101 do Draft da NBA de 1977 por Chicago Bulls1977 NBA Draft, en thedraftreview.com ., pero non chegou a firmar contrato"Nate Davis transactions", en prosportstransactions.com ., pasando un ano sen xogar até que José Antonio Gasca o trouxo á liga española co propósito de substituír no Askatuak a un xogador histórico da entidade, Essie Hollis"Nate Davis: El Extraterrestre" , artigo en ACB.com .. Malia ir sendo o mellor anotador da liga, non chegou a finalizar a tempada por mor dunhas declaracións a un periódico local nas que criticaba a Gasca, sendo apartado do equipo."Davis, apartado del Askatuak", artigo en El País, 18 de marzo de 1979 ..

En 1979 fichou polo Miñón Valladolid, e na súa primeira temporada, con Vicente Sanjuán como adestrador, foi o máximo anotador da liga con 29,7 puntos por partido, Formou unha gran parella xunto co base Carmelo Cabrera, e eran habituais os alley-oops entre eles, até que a FIBA decidiu prohibilosReglamento de baloncesto comentado..

Tras probar sen éxito en 1982 nas Ligas de Verán da NBA, regresou a España coa tempada xa comezada, fichando polo Obradoiro CAB para substituír o lesionado Chuck Verdever, pero chegou falto de ritmo, facendo unha tempada discreta"Aquella temporada en la élite" , artigo en El Correo Gallego, 22 de xuño de 2009 ..

Na tempada seguinte a liga transformouse na ACB, e Davis acabou fichando polo OAR Ferrol, acabando como máximo anotador da liga con 27,8 puntos por partido na súa primeira tempada e repetindo na seguinte con 29,8 puntosACB Máximos Anotadores , en ACB.com .. Ma tempada 1985-86, tras 16 partidos disputados, estaba de novo encabezando a lista de máximos anotadores con 29,6 puntos por partidoEstadísticas de Davis en ACB , en ACB.com ., até que nun encontro disputado en Santa Coloma de Gramenet fracturouse a clavícula. En parte por mor da lesión e en parte para marchar canda a súa muller, que contraera o VIH tras unha transfusión de sangue logo do seu segundo parto, marchou de regreso aos Estados Unidos de América, deixando o baloncesto e arruinándose na procura dun tratamento para ela.

En novembro de 2013 regresou a Ferrol, recibindo unha homenaxe no Pavillón da Malata"Nate Davis, cuando el baloncesto era la leche", artigo en Marca, 18 de novembro de 2013 ..

Equipos ClubPaísTempada(s)South Carolina University Estados Unidos1972−1975Askatuak Egin España1978−1979Miñón Valladolid España1979−1982Obradoiro CAB Galicia1982−1983OAR Ferrol Galicia1983−1986

Logros individuais Foi máximo anotador da Liga española co Miñón Valladolid con 654 puntos (29.73 por partido) na tempada 1979-80, máximo anotador da Liga ACB co OAR Ferrol con 789 puntos na tempada 1983-84 e máximo anotador da Liga ACB co Clesa Ferrol con 840 puntos na tempada 1984-85.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ACB.com "Yo vi jugar a Nate Davis", programa de Informe Robinson, 26 de decembro de 2013 .

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Columbia, Carolina do Sur Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Askatuak‎ Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do OAR Ferrol