Acusados é unha serie de televisión producida por Ida y Vuelta (produtora doutros éxitos como Motivos personales), estreada en Telecinco o 28 de xaneiro de 2009 con discretos aínda que bos resultados de audiencia, batendo a súa propia marca nos 2 últimos capítulos, excedendo a barreira dos 3 millóns de espectadores.
A primeira tempada da serie estivo composta por 13 episodios. A segunda tempada estreouse o mércores 13 de xaneiro de 2010. A trama consiste nun novo caso no cal unha nena é a única testemuña dun asasinato. A protagonista segue sendo a xuíza Ballester"Na segunda tempada de 'Acusados' un neno vaise a converter en testemuña dun asasinato" e ten novas fichaxes como Alejo Sauras, Tamar Novas e Mónica López.Alejo Sauras, Tamar Novas e Mónica López incorpóranse a 'Acusados' na súa segunda tempada O último capítulo emitiuse o 22 de abril de 2010.
Sinopse
1ª tempada O incendio da discoteca Metrópolis será o punto de partida da investigación levada pola xuíza Rosa Ballester (Blanca Portillo). O seu principal sospeitoso, Joaquín de la Torre (José Coronado), un importante político do país, verase involucrado nunha trama de misterios, sospeitas e secretos, que lle levarán ao esborralle da súa reputación fronte ao seu partido político. Xunto ao seu fillo Alejandro de la Torre (Alberto Amarilla) e o seu avogado Ricardo Díaz (Aitor Mazo), intentarán saír do caso, pero a xuíza Ballester e o seu equipo, formado por Jorge Vega (Daniel Grao), Julio Almagro (Joseba Apaolaza) e Isabel Holgado (Isabel Serrano), non perderán nin un minuto en demostrar a culpabilidade do político no caso Metrópolis, descubrindo que o suceso non vira ao redor dun "simple" incendio, senón a ocultar nel o asasinato dunha moza, Ana Sánchez (Andrea Guasch). Terán que enfrontarse á noiva de Jorge, Laura (Silvia Abascal) e á irmá desta, a xornalista Sonia Nieto (Anna Allen), sen saber que todo o asunto salpicará ao círculo familiar da xuíza. As súas fillas Marina (Natalia Sánchez) e Patricia Domenech (Carla Nieto) serán a peza clave que permita a resolución do caso.
2ª tempada Tras a morte do xornalista Espinosa, a xuíza Ballester (Blanca Portillo) se cerne na investigación do seu asasinato. A filla de Espinosa, Alba, que se atopaba na escena do crime, podería ser moi útil é a resolución do caso, polo que Ballester e o seu equipo farán o posible por dar con ela. Joaquín de la Torre (José Coronado) volverá meterse no medio da investigación cando alguén que se fai chamar Job intentou matalo e agora mándalle cartas ameazadoras de forma anónima. Jorge Vega verase no punto de mira neste caso ao acharse as súas pegadas na escena do crime. Quen matou a Espinosa? Quen quere matar a Joaquín de la Torre? Quen é Job?
Repartimento Personaxes principais Blanca Portillo, como Rosa Ballester (T1-T2) José Coronado, como Joaquín de la Torre (T1-T2) Daniel Grao, como Jorge Vega † (T1-T2) Silvia Abascal, como Laura Nieto † (T1) Anna Allen, como Sonia Nieto (T1-T2) Alberto Amarilla, como Álex de la Torre † (T1) Carla Nieto, como Patricia Domenech Ballester (T1-T2) Alejo Sauras, como Pablo (T2) Mónica López, como Aurora Castillo † (T2)
Secundarios e episódicos Helio Pedregal, como Héctor Domenech (T1-T2) Joseba Apaolaza, como Julio Almagro (T1-T2) Isabel Serrano, como Isabel Holgado (T1-T2) Aitor Mazo, como Ricardo Díaz † (T1-T2) Esperanza Elipe, como Carmen (T1-T2) Daniel Albadalejo, como Diego Luque † (T1¡) Joan Crosas, como Javier Castillo (T2) Carmen Sánchez, como Alba Espinosa (T2) José Luis Torrijo, como Miguel Rubio † (T2) Santiago Meléndez, como Raúl Moreno † (T1) Pep Munné, como Federico Portela (T1) Pere Ventura, como Bruno Lozada (T1) Vicente Cuesta, como Antonio Galán (T1) Jaime Ordoñez, como Simón Ojeda (T1) Joan Massotkleiner, como doutor da clínica (T1) Mariana Cordero, como Celia García Nieto (T1) Duna Santos, como Marisol (T1) Marta Calvó, como Ariadna (T1) Eduardo Velasco, como Antonio Mengual † (T1) Ales Furundarena, como Arturo (T1) Andrea Guasch, como Ana Sánchez † (T1) Ana Goya, como nai de Ana Sánchez (T1) Mikel Tello, como Javier Vila (T1) Joel Bosqued, como Darío (T1) Ana Labordeta, como Helena Ruiz (T2) Tamar Novas, como Jaime Holgado (T2)
Colaboracións especiais Goya Toledo, como Beatriz Montero (T1) Alberto Jiménez, como Fernando Aguirre (T1-T2) Natalia Sánchez, como Marina Domenech Ballester † (T1) Ana Álvarez, como Adela Gutiérrez (T1) Paulina Gálvez, como Belén Hernández (T1) José Luis García Pérez, como Rafael Espinosa † (T2) Sonia Almarcha, como Teresa Llorente (T2) Ramón Barea, como Fernando Iribarne † (T2) Pere Arquillué, como José Luis Valladolid † (T2) Susi Sánchez, como María José Aganzo † (T2) AGRADECEMENTO A Ángeles Blanco (T1)
Capítulos e audiencias 1ª Tempada: 2 692 000 espectadores e 16,0% share 2ª Tempada: 1 565 000 espectadores e 10,8% share
Capítulo Nome Data de emisión Hora Espectadores Share PRIMEIRA TEMPADA <center>1 El caso Metrópolis <center>Mércores 28 de xaneiro de 2009 <center>22:30h <center>2 996 000 <center>16,2% <center>2 Diego Luque <center>Mércores 4 de febreiro de 2009 <center>22:30h <center>2 772 000 <center>15,6% <center>3 Secretos <center>Mércores 11 de febreiro de 2009 <center>22:30h <center>2 200 000 <center>11,5% <center>4 Jugar con fuego <center>Mércores 18 de febreiro de 2009 <center>22:30h <center>2 643 000 <center>15,4% <center>5 El informe Vila <center>Mércores 25 de febreiro de 2009 <center>22:30h <center>2 265 000 <center>15,5% <center>6 Fuera de control <center>Mércores 4 de marzo de 2009 <center>22:30h <center>2 759 000 <center>16,2% <center>7 El sexto cadáver <center>Mércores 11 de marzo de 2009 <center>22:30h <center>2 645 000 <center>15,5% <center>8 Laura <center>Mércores 18 de marzo de 2009 <center>22:30h <center>2 411 000 <center>14,9% <center>9 Toda la verdad <center>Mércores 26 de marzo de 2009 <center>22:30h <center>2 785 000 <center>16,9% <center>10 La clave <center>Mércores 1 de abril de 2009 <center>22:30h <center>2 837 000 <center>17,3% <center>11 Una cuestión de confianza <center>Mércores 8 de abril de 2009 <center>22:30h <center>2 317 000 <center>16,3% <center>12 La elección <center>Mércores 15 de abril de 2009 <center>22:30h <center>3 044 000 <center>18,0% <center>13 Justicia <center>Mércores 22 de abril de 2009 <center>22:45hTelecinco atrasou o inicio do capítulo para evitar a competencia directa co partido de fútbol da Sexta Barça-Sevilla <center>3 316 000 <center>18,5% SEGUNDA TEMPADA <center>14 El misterio de Job <center>Mércores 13 de xaneiro de 2010 <center>22:40h <center>1 968 000 <center>10,8% <center>15 Cruce de caminos <center>Mércores 20 de xaneiro de 2010 <center>22:40h <center>2 199 000 <center>11,7% <center>16 Principio de lealtad <center>Xoves 4 de febreiro de 2010 <center>22:45h <center>1 455 000 <center>8,3% <center>17 Busca y captura <center>Xoves 11 de febreiro de 2010 <center>22:45h <center>1 568 000 <center>10,0% <center>18 El punto de no retorno <center>Xoves 18 de febreiro de 2010 <center>23:00h <center>1 521 000 <center>10,0% <center>19 Cenizas <center>Xoves 25 de febreiro de 2010 <center>23:45hTelecinco atrasou o inicio do capítulo pola prórroga do partido de Europa League entre o Valencia CF e o Brujas. <center>1 306 000 <center>13,6% <center>20 El primero de la lista <center>Xoves 4 de marzo de 2010 <center>23:00h <center>1 663 000 <center>11,5% <center>21 Luces y sombras <center>Xoves 11 de marzo de 2010 <center>23:00h <center>1 532 000 <center>11,1% <center>22 El otro lado del espejo <center>Xoves 18 de marzo de 2010 <center>23:00h <center>1 309 000 <center>10,2% <center>23 Contras las cuerdas <center>Xoves 25 de marzo de 2010 <center>23:00h <center>1 356 000 <center>9,9% <center>24 Trampa letal <center>Xoves 1 de abril de 2010 <center>23:00h <center>1 085 000 <center>9,2% <center>25 El último de la lista <center>Xoves 8 de abril de 2010 <center>23:00h <center>1 607 000 <center>11,4% <center>26 El final del camino <center>Xoves 22 de abril de 2010 <center>23:00h <center>1 779 000 <center>12,9%
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da serie en telecinco.es . Páxina da serie en formulatv.com .
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Telecinco