Joseph Heller, nado en Brooklyn, Nova York o 1 de maio de 1923, finado o 12 de decembro de 1999, é un escritor estadounidense. Traxectoria Estudou na Universidade de Nova York. Fíxose famoso coa súa primeira novela Catch-22 en 1961, onde realizou unha crítica á ética militar norteamericana coincidindo coa Guerra de Vietnam. O heroe (ou antiheroe) desta novela é o aviador Yossarian, quen pretende alegar demencia para escapar do servizo militar, contestándolle as autoridades que pretender non levar a cabo misións aéreas é sinal de saúde mental. Obras Novelas Catch-22, 1961. Something happened, 1974. Good as gold, 1979. God knows, 1984. Poetics, 1987. Picture This, 1988. Closing time, 1994 Teatro Bombed in New Haven, 1968. Clevinger´s Trial, 1974.
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Brooklyn