O Section Paloise é un equipo de rugby francés da cidade bearnesa de Pau, nos Pireneos Atlánticos, que compite na Pro D2, a segunda categoría do rugby francés. Ademais da sección de rugby consta doutras seccións deportivas: boxeo, esgrima, karate, kendo, tenis de mesa e pelota vasca.

Historia O club foi fundado en 1902 como Section Paloise de Ligue Girondine e foi renomeado Section Paloise en 1905. Xoga os seus partidos como local no Stade du Hameau cunha capacidade para 13.819 espectadores. Visten de branco e verde e está patrocinado por Total.

Na década de 1920, o rugby converteuse no deporte rei en Francia, e o Section Paloise conseguiu gañar o campionato dese país en 1928. Mais o Section Paloise tivo que esperar ata a fin da segunda guerra mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1946).

Logo de anos de seca, o club volveu ser campión ao erguer o Escudo de Brennus en 1964.

Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Section Paloise conseguiu devir unha referencia do rugby francés e europeo entre 1996 e 2000.

Ao final da tempada 2004-05, o Pau superou o play-off fronte ao Aurillac, conseguindo permanecer no Top 14 unha tempada máis. Actualmente o club compite no Top 14.

Palmarés Campionatos de Francia Campión: 1928, 1946 e 1964 Challenge Yves du Manoir Campión: 1939, 1952 e 1997 European Challenge Cup Campión: 2000 Rugby Pro D2''' Campión: 2015

Resultados nas finais French championship DataCampión FinalistaResultado EstadioEspectadores 6 de maio de 1928 Section PaloiseUS Quillan6-4Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa20.00024 de marzo de 1946Section PaloiseFC Lourdes11-0Parc des Princes, París30.00024 de maio de 1964Section PaloiseAS Béziers-Hérault14-0Stade Municipal, Tolosa27.797

Challenge Cup DataCampión FinalistaResultado EstadioEspectadores 27 de maio de 2000Section PaloiseCastres Olympique34-21Stade des Sept Deniers, Tolosa6.00021 de maio de 2005Sale SharksSection Paloise27-3The Kassam Stadium 7.230

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do club

Pau