Báscones de Ojeda é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 165 habitantes (INE 2012).
Xeografía O concello pertence á comarca de Boedo-Ojeda e está situado na parte alta do río Boedo, que divide a vila en dous barrios. Ten unha poboación de 174 habitantes (en 2009).
Demografía 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 279 326 368 400 413 467 475 390 245 198
Historia A orixe da vila está relacionada coa primeira das repoboacións destas terras na Alta Idade Media por xente do norte, probablemente navarros ou guipuzcoanos (vascones), de onde ven o nome. A vila pertenceu ao Mosteiro de San Andrés de Arroyo e ao duque de Frías.
Patrimonio Igrexa de San Bartolomé: Templo dunha soa nave destacando no seu interior unha pila bautismal do século XVI. Muíños de Linaza: De estrutura tradicional, a súa orixe remóntase ao século X. Reformados recentemente. Museo da madeira Museo de instrumentos antigos
Festividades As festas patronais son as de San Bartolomé, o 24 e 25 de agosto. Tamén se conmemora á Virxe do Boedo a terceira fin de semana de agosto, realizándose un mercado artesanal, medio maratón, maratón e máis carreiras (de bici e para os máis pequenos).
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello Asociación Cultural Los Molinos de Báscones de Ojeda
Bascones de Ojeda