Miguel I de Rusia ou Miguel III de Rusia (en ruso:Михаи́л Фёдорович Рома́нов, Mikhail Fiodorovich Romanov), nado en Moscova o 21 de xullo de 1596 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1645, foi un nobre ruso, o primeiro tsar de Rusia da dinastía Romanov. O seu reinado marcou o final do Período Tumultoso.

Vida e reinado Miguel foi elixido tsar de Rusia de xeito unánime por unha asemblea nacional o 21 de febreiro de 1613, pero os delegados desta non atoparon ó novo tsar e a súa nai ata o 24 de marzo no Mosteiro Ipatiev preto de Kostroma. A nai do novo tsar protestou, argumentando que o seu fillo era demasiado novo para ostentar ese cargo en tempos tan problemáticos. Os boiardos declararon que se continuaba rechazando o posto, acusarano ante Deus de ser o responsable da destrución de Rusia. Finalmente, Miguel aceptou o trono.

A situación na capital era tan estrepitosa naqueles momentos que Miguel tivo que esperar varias semanas no mosteiro de Troitsa, a 121 km, antes de que lle puideran proporcionar unha boa acomodación en Moscova. Foi coroado o 22 de xullo de 1613. Comezou o seu reinado nun país devastado polas invasións suecas e polacas, ás que puxo fin mediante a 'Paz de Stolbovo con Suecia e a Tregua de Deulino con Polonia. O resultado máis importante da Tregua de Deulino foi o retorno do exilio do seu pai, quen asume o control do goberno ata a súa morte en outubro de 1633, quedando Miguel relegado a unha posición totalmente subordinada.

Casou dúas veces, a primeira delas con María Vladimirovna Dolgorukova (1624), quen finou catro meses despois da voda. O seu segundo matrimonio foi con Eudoxia Streshneva (1608-1645), coa que tivo dez fillos. Miguel non puido casar a súa filla Irene co príncipe Waldemar de Dinamarca, pois este negouse a aceptar a ortodoxia. Tal evento aflixíuno e contribuíu á súa morte o 12 de xullo de 1645. Descendencia Miguel foi pai de dez nenos no seu matrimonio con Eudoxia Streshneva:

NomeNacementoMorteTsarevna Irene22 de abril 16278 de febreiro 1679Tsarevna Pelagia 20 de abril 162825 de xaneiro 1629Alexis I de Rusia9 de maio 162929 de xaneiro 1676Tsarevna Ana14 de xullo 163028 de outubro 1692Tsarevna Marfa29 de agosto 163121 de setembro 1632Tsarévich Iván 1 de xuño 163310 de xaneiro 1639Tsarevna Sofía 14 de setembro 163423 de abril 1636Tsarevna Tatiana 5 de xaneiro 163623 de agosto 1706Tsarevna Eudoxia 10 de febreiro 163710 de febreiro 1637Tsarévich Vasili 14 de marzo 163925 de marzo 1639 Antepasados

Categoría:Tsares de Rusia Categoría:Imperio Ruso Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1596 Categoría:Finados en 1645 Categoría:Dinastía Romanov