O Diccionario de uso del español é unha obra creada pola lexicógrafa española María Moliner a partir de 1962.

En palabras de Manuel SecoEl País, 29 de maio de 1981 , membro da Real Academia de la Lengua: "... é o intento innovador máis ambicioso .... O propósito era tomar a definición das palabras incluídas no DRAE para refundilas e mostralas doutro xeito.

Habitualmente non se usa como dicionario enciclopédico, senón como referencia para escritores de todo tipo, por exemplo literatos, periodistas, ou tamén escritores de documentación técnica.

Hai 3 versións. A primeira xa non se edita e segue a estrutura orixinal da autora. A segunda está reorganizada e as definicións varían bastante, para "completar e darlle forma definitiva aos materiais existentes". Esta segunda versión é causa de conflitos entre a editorial e os herdeiros da escritora.

Primeira versión Como ela mesma indicou na presentación da súa obra: "A denominación «de uso» aplicada a este dicionario significa que constitúe un instrumento para guiar no uso do español [...] traendo todos os recursos de que o idioma dispón".

Para isto, non segue estritamente a orde alfabética, senón que se agrupan os termos como nun tesauro.

Así, María Moliner conseguiu extraer o significado das palabras, e agrupalas usando esta base. Dun modo natural, indícanse relacións entre os termos, marcando o camiño para o correcto uso deles. A idea non era nova. Xa no século XIX Paul Robert fixera o mesmo co francés, e Julio Casares en 1942. Outro exemplo é a obra de Peter Mark Roget en inglés. Foi estimulante o libro Learner's dictionary of current english que seu fillo Fernando lle proporcionou en 1952.

Na presentación do seu libro explícanse que as características máis importantes son: Alumbramento de modos de dicir Sinónimos Catálogos de palabras afíns Expresións pluriverbais Nomes científicos de nomes e plantas Regras gramaticais Aclaracións gramaticais Artigos con desenvolvemento gramatical Estrutura e redacción Reelaboración dos artigos Estrutura ascensional Teoría da definición Definición das palabras cume Fórmulas definitorias Os participios Os adxectivos Certas especificacións necesarias na definición Etimoloxías As etimoloxías Extensión con respecto ao DRAE Neoloxismos; puristas e innovadores Adición de modismos Ordenación por familias Desdobramento dos signos ch e ll Ordenación das acepcións Palabra ordenatriz nos modismos e frases

Segunda versión A Editorial Gredos tiña os dereitos de publicación e en 1998 decide actualizar o dicionario.

Nesta ocasión reordena alfabeticamente as palabras e modifica abundantes significados, nun intento de renovar o contido, feito que ofendeu aos herdeiros de María Moliner, que interpuxeron varias demandas contra esta edición.

Terceira versión Publicada en 2007, segundo a propia editorial, esta versión débese a un proceso "de revisión e actualización, e a certos cambios formais que permitiron clarificar o texto e facilitar a súa consulta".

Esta edición está tamén dispoñíbel en versión electrónica nun CD-ROM que inclúe 7.700 entradas e 25.000 acepcións novas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Edición electrónica do Diccionario de uso del español, de María Moliner, Antonio Villanueva

Categoría:Dicionarios