Antonio Feliciano Fernández Rocha, nado no Brasil en 1953, é un político galego do PPdeG que foi alcalde do concello de Tui.
Traxectoria Contratista rural e despois promotor inmobiliario. Concelleiro do PPdeG en Tui dende 1991, chegou á alcaldía en 1998, a través dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG, Miguel Ángel Capón ReyLa juez imputa cinco delitos al alcalde de Tui por favorecer a su inmobiliaria", artigo de Pablo López en El País, 2 de febreiro de 2008 ., que contou co apoio doutros 4 edís que formaran parte con el do PPdeG ata uns meses atrás, con 2 edís do PSdeG, 1 edil anteriormente do BNG e o concelleiro da CNG Ángel Álvarez Durán. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como independente nas filas do CPT, gañando as eleccións e gobernando de novo co apoio dun edil que fora electo nas listas do PPdeG. Nas municipais de 2003 o PPdeG readmitiuno, marchando Capón, e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas de 2007 logrou maioría simple, acadando 7 dos 17 concelleiros, polo que necesitou o apoio do TUI (Tudenses Unidos Independentes) de Diz Guedes para gobernar.
En marzo de 2010 foi xulgado por unha agresión a un veciño da localidade, que lle recriminara a súa política urbanística"Juzgado el alcalde de Tui por agredir a un jubilado tras un pleno", artigo de P. Carbajo en El País, 10 de marzo de 2010 .. Non concorreu como candidato en 2011, deixando paso ao seu compañeiro Moisés Rodríguez Pérez que o sucedeu na alcaldía con maioría absoluta. Trala renuncia deste último a encabeza-la candidatura popular no 2015 volveu se-lo candidato da formación conservadora, a cal pasou de 9 a 4 concelleiros mais seguiu sendo a formación máis votada. Desta forma, os socialistas lograron a alcaldía co apoio doutros grupos. En xuño de 2017 presentou a súa dimisión como concelleiro para facilitar unha moción de censura contra o entón goberno localFernández Rocha rubrica su renuncia en el Concello de Tui y González lo hará el lunes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Tui
Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Brasil Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes