Jeffrey Thomas Porcaro (1 de abril de 1954 – 5 de agosto de 1992) foi un recoñecido batería de sesión e fundador da banda Toto. Nos seus 38 anos de vida tocou con centos de artistas e apareceu en incontables discos.
Traxectoria Naceu en Connecticut o 1 de abril de 1954. Comezou a tocar con 7 anos e á idade de 28 xa tiña a experiencia e prestixio que non acadaran moitos baterías en toda a súa vida. Porén, nunca se considerou nin tivo pretensións de ser o mellor batería do mundo, endexamais tivo esa presión.
Tocou con grandes artistas como Bonnie Raitt, Bee Gees, Pink Floyd, Michael Jackson e moitos máis. Jeff sufriu un ataque ó corazón o 5 de agosto de 1992 por mor dunha reacción alérxica a un pesticida que estaba a utilizar. Algúns rumores apuntaron á adicción á cocaína como causante pero os máis achegados a el sempre souberon que superara o problema e descartaron esta hipótese.
No seu honor organizouse o Tributo a Jeff Porcaro, que contou cunha gran presenza de grandes da percusión e fundouse tamén o Jeff Porcaro Memorial Fund.
No seu haber hai grandes sinxelos coma Rosanna ou Mushanga que gravou coa súa principal banda Toto.
Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados no condado de Hartford, Connecticut