Llíria é un concello do leste de España, pertencente á provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana. Forma parte da comarca do Camp de Túria. Segundo os datos do INE en 2022 tiña 24.036 habitantes en 228 km² de superficie. O termo municipal esténdese desde as montañas de Alcublas e Marines ata o val do río Turia. O 30 de outubro de 2019, Llíria foi declarada Cidade Creativa na categoría de Música pola UNESCO.
Na economía do concello ten grande importancia a agricultura debido ó tipo de terreo e ó clima mediterráneo.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Valencia Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana