Aereogramme foi unha banda escocesa de rock alternativo/progresivo formada en abril de 1998. Estivo composta por Craig B. (voces, guitarra), Iain Cook (guitarra, programación), Campbell McNeil (baixo) e Martin Scott (batería). Antes de separarse no ano 2007 a banda editou catro álbums de estudio.

Historia Formada en abril de 1998, a banda editou dous sinxelos de 7" en 1999 a través do seu propio selo Babi-Yaga e xirou durante ese ano con Low, Geneva e Snow Patrol. O grupo asinou co selo Chemikal Underground a principios do ano 2000. Nese momento editaron dous EPs antes de lanzar o seu primeiro álbum, A Story in White, no 2001. No ano 2003 seguiulle Sleep and Release e a banda cambiaríase ao selo Undergroove Records antes do lanzamento do seu terceiro álbum, Seclusion. O grupo volvería a asinar con Chemikal Underground en agosto do 2006.

O seu cuarto álbum, My Heart Has a Wish That You Would Not Go, foi editado en Europa e nos Estados Unidos o 29 de xaneiro do 2007, e no Xapón o 14 de outubro do 2006, e collía o seu título da novela The Exorcist. Nunha o cantante Craig B. revelou o longo espazo entre os lanzamentos debeuse parcialmente a que perdera a súa voz durante seis meses.

O 11 de maio do 2007 Aereogramme anunciou a súa disolución. A banda realizou o seu derradeiro concerto no Connect Festival en Inverary, Escocia o 31 de agosto dese ano.

Post-Aereogramme Iain Cook e Craig B. formaron posteriormente a banda The Unwinding Hours, coa cal editaron un álbum do mesmo nome en febreiro do 2010. Desde entón, Craig B. lanzou dous álbums en solitario co nome de A Mote of Dust e dous álbums de música ambiental co nome de Slovenly Hooks.

En 2011 Cook formou Chvrches con Martin Doherty (que traballou no último álbum de Aereogramme) e Lauren Mayberry. Anteriormente, gravou, mesturou e masterizou o miniálbum de 2008 da banda escocesa de indie rock The Twilight Sad, Here, It Never Snowed. Afterwards It Did. O baixista Campbell McNeil tocou na canción de apertura dese álbum, "And She Would Darken the Memory".

Martin Scott traballa na actualidade coa banda escocesa Biffy Clyro como tour manager, e Campbell McNeil fai o mesmo traballo cos australianos The Temper Trap e con Chvrches.

Discografía Álbum Ano Selo A Story in White 2001 Chemikal Underground Sleep and Release 2003 Chemikal Underground Seclusion 2004 Undergroove My Heart Has a Wish That You Would Not Go 2007 Chemikal Underground, Sonic Unyon

Notas

Ligazóns externas MySpace da banda

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de Glasgow Categoría:Grupos musicais formados en 1998