Darren Aronofsky, nado o 12 de febreiro de 1969 en Brooklyn, Nova York, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense.
Os seus filmes xeran a miúdo controversia polo seu contido violento e polémico.
Traxectoria Aronofsky asistiu á Universidade de Harvard, onde estudou cinema e antropoloxía social, e máis tarde ao American Film Institute, onde cursou dirección de cine. Gañou diversos premios ao completar a súa tese de cine, Supermarket Sweep, sendo finalista no National Student Academy Award.
A primeira longametraxe de Aronofsky, o suspense psicolóxico Pi, foi gravado en novembro de 1997. Tivo un orzamento mínimo, de 60.000 $. A fita logrou un grande éxito de crítica e público, e obtivo varios galardóns, entre os cales destaca o do Festival de Sundance, que recoñeceu a Aronofsky como mellor director en 1998.
A seguinte película, o drama Requiem for a Dream (baseada na novela homónima, de Hubert Shelby Jr.), trata o tempestuoso mundo das adiccións. Ellen Burstyn foi nomeada pola Academia de Cine debido á súa interpretación.
En 2006 estrea a que será a súa terceira longametraxe, The Fountain, un drama de ciencia ficción.
O cuarto filme, The Wrestler, que recibiu dous nomeamentos da Academia polas interpretacións de Mickey Rourke e Marisa Tomei.
En 2010 traballa como produtor executivo para The Fighter, e estrea Black Swan, aclamada pola crítica. Esta última película gaña os nomeamentos da Academia de Mellor Película, Mellor Director, e o premio á mellor interpretación feminina para Natalie Portman, así como outros nomeamentos aos Globos de Ouro, e o Directors Guild of America Award.
O seu sexto filme, Noah, de inspiración bíblica, foi estreado nos cines o 28 de marzo de 2014, recibindo malas apreciacións.
Filmografía
Filmes AnoFilmeDirectorProdutorGuionista1998PiSiSi2000Requiem for a DreamSiSi2002BelowSiSi2006The FountainSiSi2008The WrestlerSiSi2010Black SwanSiSi2010The FighterSi2014NoahSiSiSi
Curtas AnoFilmeDirectorProdutorGuionista1991Supermarket SweepSiSi1991Fortune CookieSiSi1993ProtozoaSiSi1994No TimeSi
Galardóns AnoPremioCategoríaFilmeResultado1999Festival de Cinema de SundanceMellor DirectorPiGañadorGran Premio do XuradoNomeadoIndependent Spirit AwardsMellor Primeiro GuiónGañadorMellor Primeiro Filme Nomeado2001Mellor FilmeRequiem for a DreamNomeadoMellor DirectorNomeado2006Venice Film FestivalGolden LionThe FountainNomeado2008Golden LionThe WrestlerGañador2009Independent Spirit AwardMellor FilmeGañadorLondon Critics Circle Film AwardsMellor FilmeGañadorMellor DirectorGañadorNational Board of ReviewMellor FilmeNomeado2010Venice Film FestivalGolden LionBlack SwanNomeadoCritics' Choice AwardsMellor DirectorNomeadoIndependent Spirit AwardsMellor DirectorGañadorMellor FilmeGañadorGotham AwardsMellor FilmeNomeadoChicago Film Critics AssociationMellor DirectorNomeadoSan Francisco Film Critics Circle AwardsMellor DirectorGañadorSatellite AwardMellor DirectorNomeadoToronto Film Critics AssociationMellor DirectorNomeadoVancouver Film Critics CircleMellor DirectorNomeadoWashington, D.C. Area Film Critics AssociationMellor DirectorNomeado2011British Academy of Film and Television ArtsMellor DirecciónNomeadoGolden Globe AwardMellor DirectorNomeadoDirectors Guild of AmericaDirección Excepcional – FilmeNomeadoAcademy AwardsMellor DirectorNomeadoScream AwardsMellor DirectorGañador
Véxase tamén Ligazóns externas Official website Darren Aronofsky at the Internet Movie Database Laine, Tarja (2015) Bodies in Pain: Emotion and the Cinema of Darren Aronofsky, Berghahn Books.
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1969