330px|right|Localización da illa

Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes. Administrativamente, Día forma parte da comunidade de Elaia dentro da unidade municipal de Gouves, unidade rexional de Heraklion, no municipio de Elias.

Xeografía

De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4´5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.

O illote parécese a un lagarto xigante cando se ve desde a cidade de Heraklion. Tamén conta unha lenda que un lagarto xigante tratou de destruír a illa de Creta, pero Zeus converteuno en pedra cun raio, creando así a illa.

Historia

Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.

A illa era coñecida anteriormente como Standia, por perda conxuntura na frase στήν Δία.

Foi o principal porto de Creta durante séculos.T.A.B. Spratt, Travels and Researches in Crete, 1:35 (1865)

Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.

Proteción Ambiental Día é parte da Rede Europea da Natureza (Rede Natura 2000) e é un coto de caza para investigación.Δίκτυο Natura 2000 Protected areas

Porto antigo En 1976, Jacques Cousteau levou a cabo a exploración submarina ao redor de Día e atopou restos dun antigo porto nas augas entre Heraklion e Día.

Referencias

Véxase tamén

Outras illas gregas

Ligazóns externas

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia Categoría:Lugares da mitoloxía grega