Grigorii Efimovich Rasputin (en ), nado en Pokrovskoe o e finado en San Petersburgo o , foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.
Pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de curandeiro mediante o rezo, razón pola que, grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase o seu fillo, o tsarévich Aleksei, que padecía hemofilia. O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas á hipnose) e a Familia Imperial, especialmente a tsarina Alexandra, caeu baixo a influencia do monxe.
Primeiros anos miniatura|esquerda|200px|Pokrovskoe, preto do río Tura en 1912. Rasputin recadou fondos para decorar a igrexa que foi construída cara a 1906 e destruída en 1950. Grigorii Rasputin naceu na pequena aldea de Pokrovskoe, no actual distrito de Iarkovskii. Os rexistros teñen unha entrada datada o 9 de xaneiro de 1869 que di: Na aldea de Pokrovskoe, na familia campesiña de Efim Iakovlevich Rasputin, naceu un fillo, Grigorii.Demystifying the life of Grigory Rasputin | Russia Beyond The Headlines . Rbth.ru (27 de decembro de 2012). 15 de xullo de 2014.Royal Russia News: Demystifying the life of Grigory Rasputin . Russia Beyond the Headlines via Angelfire.com. 27 de decembro de 2012. Ao día seguinte foi bautizado e nomeado na honra de San Gregorio de Nisa.
Foi o quinto fillo dun total de nove, dos cales só Grigorii e a súa irmá Feodosiia sobreviviron. Nunca asistiu á escola –segundo un censo de 1897, case todos os habitantes da aldea eran analfabetos–. En Pokrovskoe, Rasputin foi visto como un estraño, rodeado de misteriosos agasallos. O pouco que se coñece sobre a súa infancia é grazas á súa filla Mariia, pero todas as súas memorias considéranse de pouca confianza.
O 2 de febreiro de 1887 Rasputin casou con Praskovia Fedorovna Dubrovina, e xuntos tiveron tres fillos: Dmitrii, Mariia e Varvara. En 1892 Rasputin deixou a súa aldea, a súa muller, fillos e pais. Pasou varios meses nun mosteiro en Verkhoture.
Inicio da vida relixiosa miniatura|200px|Makarii, Feofan de Poltava e Grigorii Rasputin Rasputin afirmou que a visión da Nosa Señora de Kazán o levou a escoller a vida dun místico relixioso. Arredor de 1893 viaxou ao monte Atos, pero quedou profundamente desilusionado, como lle dixo a Makarii. En 1900 Rasputin identificábase como un strannik, un errante relixioso, visitando os lugares sagrados a pé, vivindo da caridade, aínda que sempre regresou á súa casa para as sementeiras e as colleitas. Habitualmente é visto como un iurodivyi ou monxe tolo, e moitas veces, de xeito erróneo, como un starets, pero o propio Rasputin nunca chegou a considerarse un deles, posto que vivían en reclusión e silencio.
En 1903, Rasputin decidiu pasar un tempo en Kíiv, a 3.000 km da súa aldea, onde visitou o Mosteiro das Covas. En Kazán, atraeu a atención do bispo e membros das clases altas.Amalrik, A. (1988) Biografie van de Russische monnik 1863–1916, p. 45 Aprendeu as Escrituras, e as súas interpretacións foron tan orixinais, que as persoas das clases sociais máis elevadas gozaban escoitándoo.Gerald Shelley (1925) The Blue Steppes, p. 87. Rasputin viaxou máis adiante á capital para reunirse con Xoán de Kronstadt e adquirir donativos para a construción da igrexa da súa aldea. Foi presentado a Serxio I de Moscova, o reitor da Academia Teolóxica de San Petersburgo. Pierre Gilliard escribiu que Rasputin chegou en 1905,Chapter Five. Rasputin. Alexanderpalace. Consultado do 15 de xullo de 2014. Nelipa pensa que foi no outono de 1904, e Iliodor considera que foi en 1903, Nunha ocasión foi invitado por Milica de Montenegro e a súa irmá Anastasia de Montenegro, que estaban interesadas no misticismo persa, espiritismo e ocultismo. O , Milica presentouno ao tsar Nicolao II e á súa dona Alexandra no palacio de Petergof.
Antes do seu encontro con Rasputin, o tsar tivera que enfrontarse coa Guerra Ruso-Xaponesa, o Domingo Sanguento, a Revolución Rusa de 1905, bombas e unha folga a escala nacional dos ferrocarrís. Nunha cidade sen electricidade, o Emperador e Autócrata de Todas as Rusias viuse obrigado por Sergei Witte a asinar o Manifesto de Outubro, polo que se establecía a Duma Imperial e renunciar a parte do seu poder autocrático.
Chegada á Corte Imperial miniatura|Rasputin e os seus fillos En outubro de 1906, por petición do tsar, Rasputin visitou a ferida filla do Primeiro Ministro Petr Stolypin. Unhas poucas semanas antes, 29 persoas foran asasinadas nun atentado, no que dous fillos de Stolypin resultaran danados.
O 15 de decembro dese ano:
En marzo de 1907 Rasputin recibiu o permiso para cambiar o seu apelido. En abril foi invitado de novo a Tsarskoe Selo, nesta ocasión para ver ao fillo do tsar, o tsarévich Aleksei Nikolaevich. O neno fixérase dano e isto causoulle unha dolorosa hemorraxia. Non era público, era máis ben segredo de Estado, que o herdeiro ao trono sufría hemofilia, unha enfermidade que afectaba a moitas casas reais de Europa. Cando os doutores non puideron ofrecerlle unha cura, a tsarina desesperada buscou axuda. Rasputin tiña fama de ter a habilidade de curar mediante a oración e foi quen de calmar aos tsares e darlle ao tsarévich un pouco de alivio, a pesar de que os doutores predixeran que ía morrer. Ao día seguinte o tsarévich mostrou signos de mellora.The Atlantic;
Pierre Gilliard, a historiadora francesa Hélène Carrère d'EncausseH.C. d'Encausse (1996) Nicolas II, La transition interrompue, p. 147, (Fayard) ; Holy People of the World: A Cross-cultural Encyclopedia. e o xornalista Diarmuid Jeffreys, especularon sobre a posibilidade de que as prácticas de Rasputin incluían a administración de aspirina, un analxésico dispoñible desde 1899.
O 9 de outubro de 1912, Aleksei recibiu a unción dos enfermos durante outra grave crise. Os Romanov estaban pasando uns días no seu palacio de Białowieża, e marcharon a Spala (Polonia). Durante un paseo no bosque, os bruscos movementos da carruaxe provocaron un hematoma interno no tsarévich. Alexandra apenas se separaba do seu lado e desesperada acudiu a súa dama de compaña, Anna Vyrubova para que conseguira a axuda do curandeiro Rasputin, naqueles momentos caído en desgraza. Rasputin respondeu cun telegrama profético: O pequeno non finará. Non deixe que os doutores o molesten moito. A temperatura do tsarévich descendeu e o hematoma desapareceu, pero o neno tardou case un ano en recuperarse por completo.
O médico da corte, o doutor Evgenii Botkin consideraba a Rasputin como un charlatán e que os seus poderes proviñan do uso da hipnose, pero Rasputin non se interesou por esta práctica antes de 1913. Varios inimigos de Rasputin chegaron a suxerir que este drogaba en segredo a Aleksei con herbas medicinais do Tíbet.
Relación coa Familia Imperial miniatura|200px|dereita|Alexandra Fedorovna cos seus fillos, Rasputin e a enfermeira Mariia Ivanovna, quen máis tarde afirmaría que fora violada por Rasputin. A tsarina Alexandra confiaba nos consellos de Grigorii Rasputin, e deu crédito ás súas oracións despois de que axudaran a aliviar as dores de Aleksei en numerosas ocasións. As grandes duquesas e o tsarévich foron criados para ver a Rasputin como o noso amigo e confidente. No outono de 1907 a gran duquesa Olga Aleksandrovna Romanova, foi levada polo tsar ata o cuarto dos nenos para que coñecesen o monxe. A gran duquesa lembraba máis adiante:
A complicidade de Rasputin cos nenos facíase patente en moitas das mensaxes que lles enviaba. En febreiro de 1909 escribiulles un telegrama no que lles aconsellaba:
Porén, unha das doncelas das grandes duquesas, Sofia Ivanovna Tiutcheva, horrorizouse en 1910 sobre o feito de que se lle permitira a Rasputin entrar nos cuartos das rapazas cando estas só levaban un camisón. O tsar Nicolao tivo que pedirlle ao starets que evitase facelo nun futuro. Os nenos, conscientes da situación, temeron que as palabras de Tiutcheva fixesen enfadar a súa nai:
Pouco despois a tsarina despediu a Tiutcheva.
Tiutcheva informou do que vía o resto de membros da familia imperial. Mentres que as visitas de Rasputin ás nenas eran consideradas polo monxe como algo completamente inocente na natureza, o resto da familia estaba escandalizada. Tiutcheva explicoulle á irmá de Nicolao, a gran duquesa Xenia, que Rasputin visitaba as nenas, falaba con elas mentres se preparaban para ir durmir e as abrazaba e acariciaba. Tiutcheva dicía que as nenas foran instruídas para non falar do monxe na súa presenza e para ocultar as súas visitas aos seus cuartos. O 15 de marzo de 1910 Xenia escribiu que non podía entender:
Na primavera de 1910 María Ivanovna Vishniakova, unha doncela real, denunciou que Rasputin a violara. Vishniakova dixo que a tsarina se negou a crela e que insistiu en que «todo o que Rasputin fai é santo». A gran duquesa Olga Aleksandrovna declarou que as acusacións de Vishniakova foron inmediatamente investigadas, porén «sorprenderon a moza na cama cun cosaco da Garda Imperial». Impediron a Vishniakova acercarse a Rasputin e en 1913 foi despedida.
miniatura|Caricatura de Rasputín controlando aos tsares de Rusia Os rumores continuaron, ata o punto que se dicía que Rasputin non só seducira a tsarina, senón tamén as catro grandes duquesas. Estes rumores aumentaron cando o propio Rasputin divulgou as cartas que a tsarina e as súas fillas lle enviaban: A estas revelacións seguiron a circulación duns debuxos pornográficos que representaban a Rasputin mantendo relacións sexuais coa tsarina, as súas catro fillas e Ana Vyrubova. A raíz do escándalo o tsar, a pesar da forte oposición da súa esposa, ordenou a Rasputin que abandonase San Petersburgo por un tempo, co que este marchou de peregrino a Palestina. A pesar dos rumores, a unión entre a familia imperial e o monxe continuou ata o asasinato deste o .
Nas súas memorias, A. A. Mordvinov escribiu que as catro grandes duquesas quedaron «visiblemente trastornadas» pola morte de Rasputin e que permaneceron sentadas «abrazadas unhas ás outras» nun sofá dun dos seus dormitorios durante toda a noite na que recibiron a noticia. Mordvinov lembraba que as rapazas estaban de moi mal humor e que parecían intuír a axitación política que xa se estaba creando en Rusia. Rasputin foi soterrado cunha icona, asinada no reverso pola tsarina e as súas catro fillas. Anastasia asistiu ao seu enterro, o e xunto á súa familia idearon edificar unha igrexa sobre o lugar da súa tumba.
Primeira guerra mundial Trala Primeira Guerra dos Balcáns, a Liga Balcánica planeou a partición do territorio europeo do Imperio Otomán entre eles. Durante a Segunda Guerra dos Balcáns, o Tsar interveu tratando de deter o conflito, xa que Rusia non quería perder aos seus aliados eslavos. Rasputin aconsellou ao Tsar que non se involucrara e promovera as negociacións de paz. Rasputin converteuse así en inimigo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich, paneslavista, do seu irmán Pedro Nikolaevich e das súas mulleres, Militza de Montenegro e Anastasia de Montenegro, ansiosos de entrar na guerra e expulsar aos austríacos dos Balcáns.
Pouco despois do estoupido da primeira guerra mundial, Rasputin declarouse en contra de que Rusia fora á guerra contra Alemaña. Rogoulle ao Tsar que fixera todo o que estivera nas súas mans para evitar a guerra.Thirteen Years at the Russian Court – Chapter Eight – Journeys to the Crimea and Rumania – Poncaire's Visit – War. Alexanderpalace. Consultado o 15 de xullo de 2014. Desde o hospital, Rasputin enviou varios telegramas á Corte, expresando os seus medos polo futuro do país: