La Situación de Galicia foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1842 e 1843.
Historia e características O primeiro número apareceu o 25 de outubro de 1842. Subtitulada Periódico político, literario e industrial, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo. O seu director era Hipólito Otero e entre os seus colaboradores figuraban Antolín Faraldo e Antonio Neira de Mosquera. Cesou a súa publicación co número 25 aparecido o 27 de febreiro de 1843.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1842 en Galicia