O Rugby Calvisano é un club de rugby italiano da localidade de Calvisano, na Provincia de Brescia (Lombardía). O club foi fundado en 1970 por un grupo de xogadores encabezados por Tonino Montanari, Gianluigi Vaccari e Alfredo Gavazzi. En 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. Actualmente compite na Serie A, a segunda categoría do rugby italiano.

Historia O Calvisano foi fundado por un grupo de xogadores en 1970, en 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. A primeira clasificación do club para disputar unha competición europea foi na tempada 1999-00, cando competiron na European Challenge Cup, xogando un total de seis partidos, mais sen chegar a gañar ningún. Clasificouse por primeira vez para disputar a Heineken Cup na tempada 2001-02.

En 2005 gañáronlle ao Benetton Treviso por 25-20 en Padua para gañar o seu primeiro campionato. Anteriormente chegaran a disputar a final en catro ocasións, perdendo en todas. O equipo foi forzado a abandonar o Super 10 na tempada 2009-10 para competir na Serie A.

Palmarés 3 Ligas de Italia: 2005 , 2008 e 2012 2 Coppa Italia: 2003-04 e 2011-12

Estatísticas

European Challenge Cup TempadaPartidos xogadosVitoriasEmpatesDerrotasPuntos a favorPuntos en contra 1999-2000600669155 2007-20086204123200

Heineken Cup TempadaPartidos xogadosVitoriasEmpatesDerrotasPuntos a favorPuntos en contra 2001-02600658279 2002-036204105236 2003-046006115225 2004-05600679264 2005-06600648191 2006-07600674264 2008-09600687280

Ligazóns Site oficial do club

Calvisano