A Igrexa é un lugar da parroquia de Caldelas de Miño, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. No ano 2009 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estadística. Isto supón un incremento do 15 por cento respecto ao ano 2000, aínda que un descenso en relación ao 2008.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , o lugar da igrexa.

Aspectos de interese

O lugar recibe o seu nome por ser onde se atopa a igrexa parroquial de Caldelas de Miño, consagrada a San Martiño. Segundo os estudosos, o templo estivo na súa orixe nas beiras do río Miño, preto da confluencia co río Caselas. É trasladada ao seu lugar actual en 1674, data que figura nunha inscrición da fachada. En 1719 é reconstruída en parte, e en 1766 érguese a torre en forma de espadana, cunha soa campá.

Esta torre é, precisamente, o único que se salva na reconstrución da igrexa que se inicia en 1965. En 1967 é inaugurado o actual templo. As festas de San Martiño celébranse na súa contorna, mentres que as da Virxe da Rocha, en agosto, teñen como marco as beiras do Miño.

Lugares e parroquias Lugares de Caldelas de Miño

Parroquias de Tui

Notas

Véxase tamén Bibliografía MARTÍNEZ SIGÜENZA, Xulio: "As parroquias de Tui —síntese histórica—", en Pontevedra, Revista de Estudios Provinciais, número 19. Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2003.

Categoría:Lugares de Tui Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía