Ampelo, Ámpelo ou Ampelos (do grego antigo Αμπελος, "cepa de vide"),Grimal (1989), p. 25 na mitoloxía grega, era o fillo dun sátiro e dunha ninfa, amais do amante do deus Dioniso. Lenda Era coñecido por relacionarse docilmente coas feras da natureza, salvo cunha da cal estaba advertido por Dioniso, o touro. Certo día un touro apareceu na ribeira do río no que se atopaba Ampelo e este decidiu montalo; todo ía ben, pero de súpeto o touro comezou a correr e Ampelo perdeu o control, caendo ó chan, rompendo o pescozo e sendo arrastrado por unha hasta do touro durante uns cantos metros. Dioniso descubriu o seu corpo, e grazas a iso o deus que nunca choraba comezou a chorar. Nese momento naceu do corpo de Ampelo unha vide e grazas á súa morte naceu o viño, polo cal sería famoso Dioniso.
Segundo outra versión, o deus agasallouno cun acio de uvas que colgou dunha árbore. Ao querer collelo, Ampelo rubiu á árbore mais acabou caendo dela e matouse e Dioniso o converteu nunha constelación.miniatura|O deus Dioniso, amante de Ampelo.|centro
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega