Edwin Mattison McMillan, nado o 18 de setembro de 1907 en Redondo Beach, no condado dos Ánxeles (Estados Unidos) e finado o 7 de setembro de 1991 en El Cerrito (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1951.

Traxectoria Estudou química no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1928. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Princeton, onde se doutorou en 1932. Ese mesmo ano foi nomeado profesor de química da Universidade de California, Berkeley, sendo nomeado director do Laboratorio de Radiación da mesma universidade en 1934, cargo que ocupou ata 1973.

Investigacións científicas En 1940, xunto a Philip Abelson, conseguiu crear o elemento sintético chamado neptunio (Np), un produto obtido a partir do uranio-239, usando o ciclotrón instalado en Berkeley. Durante a segunda guerra mundial estivo implicado na investigació sobre o radar, sonar e as armas nucleares no Proxecto Manhattan. En 1945 desenvolveu, así mesmo, as ideas para a mellora do ciclotrón, conducindo ao desenvolvemento do sincrotrón.

Xunto a Glenn T. Seaborg compartiu o Premio Nobel de Química de 1951 pola creación dos primeiros elementos transuránicos.

Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1951 Biografía na páxina do Instituto Nobel

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados no condado dos Ánxeles Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América