David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista, modelo e actor galego.
Traxectoria Viviu en Pontevedra e como non era moi bo ao fútbol, escolleu o balonmán aos 14 anos. Foi xogador de balonmán profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española sub-18. Tamén chegou a participar no campionato de España de quads.
Abandonou o balonmán por unha lesión e traballou de repartidor de pizzas ou de camareiro mentres estudaba a licenciatura de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo en Pontevedra. Cruzouse coa actriz María Castro, tamén deportista, que o introduciu no mundo do espectáculo. Aínda volveu un tempo ao balonmán e deixouno na campaña 2008-2009 na Sociedad Deportiva Teucro. Mais volveu para xogar ás ordes de Modesto Agusto no Octavio Construcciones Castro.
No 2000 comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia, proclamándose finalista. Participou en diversos programas de humor e series como Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Róber ou A grande escapada. Ao tempo, fai actuacións con monólogos de seu por toda Galicia.
En Antena 3 participou en El club del chiste. En Cuatro apareceu como Tito en Gym Tony. Na TVG participou en Augas Quentes. Presentou eventos de relevancia como o Campionato do Mundo de Hockey.
En 2017 presentou o programa da Televisión de Galicia Con Amor e Compañía e participou como concursante no programa Tu cara me suena de Antena 3. E desde xullo de 2018 colaborou en Zapeando.
Filmografía
Series de televisión AnoSerieCanlePersonaxeEpisodios2003Mareas vivasTVG1 episodio20044º sen ascensorTVG1 episodio2011Buen AgenteLaSexta1 episodio2014 - 2016Gym TonyCuatroEvaristo "Tito" Escudero Nogales339 episodios2015Aquí paz y después gloriaTelecincoFermín8 episodios2016Augas quentesTVGSecundario2017Gym Tony LCFDFEvasristo "Tito" Escudero Nogales53 episodios2017Vidago PalaceTVGPepe4 episodios2018Pequeñas coincidenciasPrime VideoCamareiro1 episodio2019Antes que perderPlayzCabo Roi Fontán5 episodios2000UPA DANCEAntena 3Actor secundario1 episodio
Programas de televisión
Rey de la Comedia (2001). Participante. Supermartes (2002-2005). Colaborador. O Programón. TVG. Supermaster (2006). Principal. Presentador da parte de karaoke. A terra dos prodixios. Voz Audiovisual. El club del chiste (2010-2013). Principal. Antena 3. O clan dos impostores (2015). Principal. TVG. Con Amor e compañía (2016). TVG. Tu cara me suena (2017-2018). Concursante. Antena 3. Ben 10 Challenge (2017). Presentador. Boing (España). Zapeando(2018). Colaborador. LaSexta. Antes de Perder para Playz (2019). Roi Fontán. La mejor canción jamás cantada (2019). Colaborador. TVE. ¿Juegas o qué? (2019). Presentador. TVE. Quen anda aí? (2025). Presentador. TVG.
Teatro e monólogos
Pasa a tomar un café cuando quieras con Leo Harlem. Sempre preocupado (2010). Monólogos. Amigos ata a morte (2017). Con Xosé Antonio Touriñán e Ledicia Sola. Fuera de sitio (2019). #Lodelarisa (2019). Con Santi Millán e Javi Sancho Selfie (2019). A mariscada dos idiotas (2020). Con David Perdomo, JJ Vaquero, Álex Clavero e Javier Veiga. Esfínter (2025). Con Javier Veiga e Róber Bodegas.
Obra escrita
"Castelao como medida da vida", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina persoal de David Amor David Amor en Internet Movie Database (en inglés). David Amor en Twitter David Amor en Facebook Entrevista en El Progreso (2016)
Categoría:Actores de Salceda de Caselas Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1980