Os estercoráridos (Stercorariidae) son unha familia de aves da orde Charadriiformes coñecidas vulgarmente como palleiras, merdeiros ou papamerdas. Os papamerdas están emparentados coas gaivotas, as aves zancudas e as pardelas.
Características En xeral, son aves de tamaño medio a grande, cunha plumaxe tipicamente agrisada ou marrón, e a miúdo presentan unhas manchas brancas nas ás. O seu peteiro é bastante longo, coa punta curvada, e os seus pés son palmados con poutas afiadas. Os papamerdas semellan gaivotas grandes e escuras, mais posúen unha membrana carnosa ou cera sobre a mandíbula superior que a diferenza destas. Son aves fortes e acrobáticas.
Historia natural Son aves mariñas que aniñan en rexións tépedas e árticas, e son aves migratorias de longa distancia.
Fóra da época de reprodución aliméntanse de peixes e preas. Moitos son cleptoparasitos parciais e cazan gaivotas, carráns e outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas; as especies de maior tamaño a miúdo matan e aliméntanse de aves adultas, que poden acadar o tamaño do gaivotón atlántico. Nas zonas de cría, aliméntanse normalmente de lemmings, e de ovos e crías doutras aves.
240px|dereita|miniatura|Palleira parasita
Taxonomía Nas tres especies máis pequenas (todas elas holárticas) as aves reprodutivas posúen as dúas plumas centrais da cola claramente alongadas e polo menos algúns adultos teñen as partes inferiores de cor branca e o pescozo de cor amarela clara, características estas que as especies de maior tamaño (todas orixinarias do Hemisferio Sur agás o palleira grande) non comparten. Por tanto, os papamerdas divídense a miúdo en dous xéneros: Stercorarius, ao que só pertencen as especies de menor tamaño, e Catharacta, ao que pertencen as especies de maior tamaño. Con todo, non existe unha base xenética para esta separación. De feito, o ADN mitocondrial (que se herda só da nai) do papamerda pomarino e o do palleira grande presentan máis afinidades entre si que co do papamerda palanquín ou calquera das especies do Hemisferio Sur. Así pois, a hibridación debe xogar un papel importante na evolución da diversidade dos papamerdas do Hemisferio Norte.
Especies
Coñécense sete especies de Stercorarius:
Stercorarius longicaudus, Palleira rabilonga Stercorarius parasiticus, Palleira parasita Stercorarius pomarinus, Palleira pomarina Stercorarius chilensis Stercorarius maccormicki Stercorarius antarctica Stercorarius skua, Palleira grande
As catro derradeiras especies clasifícanse ás veces no xénero Catharacta.BirdLife International 2008. Stercorariidae. In: IUCN 2008. 2008 IUCN Rede List of Threatened Species
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Harrison, Peter Seabirds: An Identification Guide ISBN 0-7470-1410-8 Ligazóns externas Imaxes de diferentes papamerdas