O Real Madrid Castilla Club de Fútbol, coñecido habitualmente como Castilla, é un equipo de fútbol, o primeiro filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xoga na Segunda División B.
Entre os seus logros deportivos, destaca un campionato de Segunda División na tempada 1983-84, e o subcampionato na Copa do Rei de 1979–80, competición que actualmente os equipos filiais non poden xogar, que perdeu contra o primeiro equipo do Real Madrid, por 6-1, o que lle serviu ademais para disputar a Recopa de Europa ao ano seguinte, ao estar xa clasificado o primeiro equipo para disputar a Copa de Europa.
Estadio
O Real Madrid Castilla disputa os seus encontros no Estadio Alfredo Di Stéfano, situado na Cidade Real Madrid en Valdebebas. Foi inaugurado o 9 de maio de 2006 e posúe unha capacidade de 6.000 espectadores, todos sentados, e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Datos do club Tempadas en 2ª: 33 Tempadas en 2ªB: 21 (Incluída a 2020–21) Tempadas en 3ª: 20 Debut en Segunda: 1949–50. Primeiro partido: Castilla – Salamanca (6–3). Mellor posto na liga: 1º (2ª división, tempada 1983–84) Peor posto na liga: 18º (2ª división, tempadas: 1989–90, 1996–97) Participacións en competicións europeas: 1 1 na Recopa de Europa, na que chegou a 1/32 final (1980–81), sendo o único equipo español que xogou competicións europeas estando en 2ª. Maior goleada conseguida: Castilla – Úbeda (11–0). Tempada 1960–61. Maior goleada encaixada: Eibar – Castilla (16–0). Tempada 1988–89.
Palmarés Torneos nacionais Subcampión da Copa do Rei (1): 1979-80 Segunda División de España (1): 1983-84 Segunda División B de España (4): 1990-91, 2001-02, 2004-05 e 2011-12. Terceira División de España (6): 1948-49, 1954-55, 1956-57, 1963-64, 1965-66, 1967-68 Subcampión da Segunda División B (3): 1977-78, 1997-98, 2003-04 Subcampión da Terceira División (1): 1966-67
Torneos amigables Trofeo Teide (3): 2001, 2002, 2005 Torneo de San Ginés (2): 1985, 1999
Véxase tamén Ligazóns externas Novas do Real Madrid Castilla Novas do Real Madrid Castilla
Castilla Madrid Categoría:Equipos do grupo 2 da Primeira División RFEF