A Wikipedia en éuscaro (en ; ou Euskal Wikipedia), é a edición en éuscaro da Wikipedia. O 18 de xullo de 2018 acadou os 300.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén artigos e usuarios, dos cales son activos.All Wikipedias ordered by number of articles
Historia A portada púxose en marcha o 7 de novembro do 2003, aínda que anteriormente o primeiro artigo xa se realizara o 6 de decembro do 2001.
O 25 de xaneiro do 2008 a Wikipedia en éuscaro recibiu o premio ou galardón Sareko Argia do 2008 concedido pola revista Argia, pola súa achega á presenza do éuscaro en Internet.
O 18 de abril do 2011 superou os 70.000 artigos. Ese mesmo día a Wikipedia en éuscaro superou en cantidade os artigos da Wikipedia en galego (70.762 artigos), tornándose a cuarta Wikipedia das escritas en linguas que se falan na Península Ibérica trala Wikipedia en castelán, a Wikipedia en portugués e a Wikipedia en catalán. A Wikipedia en vasco sitúase no terceiro lugar de Wikipedias en linguas que se falan en Francia por detrás da Wikipedia en francés e da Wikipedia en catalán, por diante da Wikipedia en bretón, a Wikipedia en occitano ou a Wikipedia en corso.
O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.
Desenvolvemento Txokoa En xullo do 2009 reorganizouse a sección Txokoa ("O Recuncho", similar á sección "A Taberna" doutras wikipedias) da Wikipedia e trala correspondente proposición e votación engadíronse a esta novas seccións.
Portais A inicios do ano 2010 a Wikipedia en éuscaro tiña 12 portais realizados polos seus usuarios, centrados en países, linguas e historia.
Estatísticas <noinclude> Número de artigosAno1.000200410.000200620.000200730.000200850.000200960.0002010120.0002011130.0002012200.0002014250.0002016300.0002018
Logos Á parte do logo principal superior, a Wikipedia en éuscaro adoita utilizar diferentes logos, xa sexa pola Euskal Astea ou para celebrar calquera outro acontecemento ou celebración importante no País Vasco:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Jakintza eta auzolana (en galego, O saber e o traballo en equipo). Noticia no diario Berria. Euskarazko Wikipediak behar zaitu. (en galego, A Wikipedia en éuscaro necesítate). Noticia no diario Gara. Enziklopediak, euskal wikipediaren behar eta hutsune nagusiak antzematen''. (en galego, A Enciclopedia, buscando as principais necesidades e baleiros da enciclopedia vasca). Noticia no suplemento Gaur8 do diario Gara. Documental sobre a Wikipedia en éuscaro, emitido o 9 de xuño de 2010 na cadea de televisión ETB3.
Éuscaro Categoría:Enciclopedias en éuscaro Éuscaro