Archer John Porter Martin, nado o 1 de marzo de 1910 en Londres (Inglaterra) e finado o 28 de xullo de 2002 en Londres, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.
Traxectoria Estudou química na Universidade de Cambridge, dedicouse desde 1946 á investigación en empresas privadas e en 1948 foi nomeado director da sección de química e física do Instituto Nacional de Investigacións Médicas de Londres.
Investigacións científicas Especializado en bioquímica, e especialmente na vitamina E e vitamina B2. Posteriormente decantouse pola cromatografía, creando as técnicas que permitiron a evolución desta técnica de laboratorio. Martin desenvolveu a cromatografía da partición, mentres traballaba na separación de aminoácidos, así como a cromatografía gasosa líquida.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Richard Laurence Millington Synge, pola invención da cromatografía da partición.
Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1952 Biografía na páxina do Instituto Nobel
Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society