O Grupo dos Amigos de Olivença - Sociedade Patriótica é, como vén definido no seu estatuto, "unha organización nacional, apartidaria, de fins patrióticos, culturais, históricos e beneficentes, sen intereses lucrativos", con sede en Lisboa. Loita, por medios pacíficos, pola restauración da soberanía portuguesa sobre o territorio de Olivenza, a chamada Cuestión de Olivenza. Obxectivos Aínda de acordo co seu estatuto, son obxectivos fundamentais do Grupo:

a) Loitar, intransixentemente, pola defensa da Unidade Nacional, pola salvaguarda da Integridade Territorial de Portugal e pola afirmación da Soberanía Portuguesa;

b) Defender, por medios non violentos, a reintegración da Vila de Olivenza e o seu termo no Territorio Nacional, do cal foi apartada, á forza, pola España en 1801;

c) Presionar os órganos de soberanía do Estado Portugués a non alienaren esta parcela do Territorio Nacional, en obediencia ao Artigo 5.º da Constitución da República Portuguesa;

d) Conservar e alimentar o interese Nacional sobre a Historia, a Cultura e o Benestar das poboacións de Olivenza e o seu termo;

e) Colaborar cos órganos de soberanía portugueses na defensa dos dereitos portugueses sobre Olivenza, no sentido de se efectuar o cumprimento das decisións do Congreso de Viena de 1815;

f) Promover, entre os portugueses, o culto do amor pola Patria e o respecto e a admiración polas grandes figuras da Historia de Portugal, moi especialmente relacionadas con Olivenza e todo o Alentejo;

g) Participar, activamente, na defensa do Patrimonio Cultural Portugués en canto matriz da nosa identidade.

Historia O Grupo descende da Sociedade Pró-Olivença, fundada en Lisboa o 15 de agosto de 1938, por iniciativa de tres alentexanos: Ventura Ledesma Abrantes, libreiro oliventino radicado en Lisboa, Amadeu Rodrigues Pires e Francisco de Sousa Lamy, ambos comerciantes na capital portuguesa.

A acta inaugural en que aparece pola primeira vez oficializado o Grupo dos Amigos de Olivenza ten data de 26 de novembro de 1945.

Na lista dos cuarenta socios-fundadores constan importantes nomes da época, como os do Xeneral Humberto Delgado, do Prof. Doutor Queirós Veloso, do Xeneral Ferreira Martins, João Afonso Corte-Real, Xeneral Raul Esteves, Luís Lupi, Dr. Paulo Caratão Soromenho ou o Dr. José Pontes.

En 1981, o Almirante Pinheiro de Azevedo foi elixido Presidente do Grupo, función que exerceu até 1983. A súa primeira acción foi a de mudar o nome da asociación, que pasou a chamarse Movimento Patriótico Pro-Olivença.

Despois do período conturbado da súa presidencia, a asociación volveu designarse Grupo dos Amigos de Olivenza. Trala reconstitución celebrada a 10 de marzo de 1997, a asociación pasou a chamarse Grupo dos Amigos de Olivenza - Sociedade Patriótica.

Asociacionismo da causa Na historia do irredentismo oliventino existiron aínda outras organizacións como o Círculo de Estudos Históricos de Olivenza, o Comité Olivença Portuguesa, o Círculo de Estudos Oliventinos e o Fórum Olivença.

Véxase tamén Bibliografía António Manuel Bandeira de Oliveira, O Porto e a questão de Olivenza: a propósito da "Rua de Olivenza", no Porto, Lisboa, Grupo dos Amigos de Olivenza, 2001. Rua de Olivenza, Lisboa, Câmara Municipal de Lisboa, 1998. Rua Ventura Abrantes, Lisboa, Câmara Municipal de Lisboa, 1999.

Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Asociacións Categoría:Olivenza Categoría:Política de Portugal