miniatura|Etna. miniatura|Monte Etna, Sicilia. dereita|miniatura|Val do Bove, Monte Etna, Sicilia. Agosto de 2003.

O monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3357 m de altura. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².

Topónimo A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe جبل ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico.

Historia A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700 000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara ao interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas.

Na actualidade segue en actividade e ten varios cráteres arredor dos 3000 m con fumarolas permanentes. Entre xullo e agosto de 2001 unha erupción arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán. Tamén estivo activo en novembro de 2002, e en xaneiro de 2005 a lava non chegou ás zonas habitadas, aínda que as emisións puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterais situadas a 2620 e 2400 metros.

Volveu ter actividade en maio de 2011, marzo de 2012, febreiro de 2013, xaneiro de 2014, decembro de 2015, maio de 2016 e marzo de 2017.

En decembro de 2018 unha erupción obrigou a desviar o tráfico aéreo, causando máis de 150 terremotos.

O 16 de febreiro de 2021 volve a entrar de novo en erupción.

Mitoloxía Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos ciclopes. Outra lenda di que a actividade do volcán se debe a que Atenea sepultou alí ó xigante Encélado, no transcurso da Xigantomaquia, ó lanzar sobre el a illa de Sicilia.

Notas

Categoría:Volcáns de Italia Categoría:Lugares da mitoloxía grega Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia