Cyril Norman Hinshelwood, nado o 19 de xuño de 1897 en Londres (Inglaterra) e finado o 9 de outubro de 1967 na súa residencia de Londres, foi un químico inglés galardoado Premio Nobel de Química do ano 1956.
Traxectoria De pequeno trasladouse coa súa familia ao Canadá, pero en 1905 retornou a Inglaterra establecéndose coa súa familia en Chelsea. Estudou na Universidade de Oxford, onde máis tarde foi profesor desde 1937.
Membro da Royal Society, foi o seu presidente entre os anos 1955 e 1960. En 1948 foi nomeado cabaleiro do Imperio Británico polo rei Xurxo VI do Reino Unido.
Investigacións científicas Iniciou as súas investigacións sobre as diferentes combinacións do hidróxeno e o osíxeno, tratando de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos. Estas investigacións leváronlle a gañar o premio Nobel de Química en 1956 polas súas investigacións sobre o mecanismo das reaccións químicas, o cal foi compartido co soviético Nikolay Semyonov, o cal realizara as súas investigacións independentemente.
Hinshelwood tratou de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos nas súas obras, especialmente en: "Kinetic of Chemical Changes in Gaseous Systems" ("Cinética dos cambios químicos en sistemas gaseosos", 1926) "The Reaction between Hydrogen and Oxygen" ("A reacción entre o hidróxeno e o osíxeno", 1934) "The Chemical Kinetics of the Bacterian Cell" ("As cinéticas químicas da célula bacteriana", 1946).
Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1956 Biografía na páxina do Instituto Nobel
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Medalla Copley Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido