Fernán Peres de Andrade, o Boo ou Fernán Pérez de Andrade, primeiro señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba foi un dos máis salientados aristócratas do Reino de Galiza durante o século XIV. Figura controvertida polos seus cambios de lealdade e as usurpacións de bens alleos. Porén, destaca polo seu mecenádego nas letras galegas e as xenerosas doazóns que fixo.

Traxectoria miniatura|250px|esquerda|Vista de Pontedeume, vila desde a que Fernán Pérez de Andrade gobernaba as súas posesións

Ascendentes Fernán Peres de Andrade foi un membro sobranceiro da casa de Andrade, fillo de Roi Freire de Andrade e de Inés González de SoutomaiorXenealoxías do Ortegal. Os primeiros membros desta liñaxe, orixinaria da freguesía, e logo couto, de Andrade en Pontedeume do cal foron os administradores, datan do século XII e son prestameiros (delegados rexios que velaban pola administración de xustiza) e encomendeiros dos mosteiros de Caaveiro e Monfero. A xenealoxía clásica fai descender, sen moito fundamento, á casa de Andrade dos condes de TravaVéxase no nº 7 da revista Cátedra o artigo de Carlos de Castro e José L. López Sangil, "La Genealogía de los Andrade".

miniatura|150px|dereita|Estatua de alabastro de Pedro I, 1504

Durante o reinado de Pedro I É moi controvertida a traxectoria de Fernán Peres xa que vai recibindo privilexios e doazóns indistintamente dos irmáns rivais Henrique de Trastámara e Pedro I: En 1356 recibe unha doazón do príncipe bastardo Henrique. Posteriormente, en 1364, recibe outra de Pedro IHai controversias sobre o contido da doazón. Véxanse os artigos: Una nueva interpretación del privilegio de Pedro I, de 1364, concedido a Fernán Pérez III, de Carlos de Castro no nº 12 (2005) da revista Cátedra; e Algunhas puntualizacións sobre Fernán Pérez de Andrade, o Boo e sobre o privilexio de 1364 que lle foi concedido polo rei don Pedro I de Castela, de José F. Correa no nº 13 (2006) da mesma revista.

Cinco anos máis tarde, a comezos de 1369, non resposta á chamada do arcebispo de Santiago, Rodrigo de Moscoso, para que acuda en defensa do rei Pedro. Aínda que hai sospeitas do seu apoio a Henrique desde 1366 (a tradición sitúao ese ano ao lado de Henrique en Lugo, contra o petrista Fernando de Castro), non cabe dúbida de que a partir do feito anterior apoia abertamente a Henrique, sendo este un dos poucos apoios que o castelán atopou entre os aristócratas galegos. Mesmo se especula sobre a participación, dunha forma ou doutra, de Fernán Peres na morte de Pedro I a mans de Henrique de Trastámara en Montiel o 23 de marzo de 1369Véxase o artigo mencionado de José F. Correa: Algunhas puntualizacións sobre Fernán Pérez de Andrade, o Boo e sobre o privilexio de 1364 que lle foi concedido polo rei don Pedro I de Castela, no nº 13 (2006) da revista Cátedra. A tradición atribúe ao principal colaborador de Henrique a famosa frase No quito ni pongo rey, mas ayudo a mi señor que o licenciado Molina pon en boca de Fernán Peres, e outros autores na do cabaleiro francés Bertrand du Guesclin. En calquera caso parece que, dalgunha maneira e xunto con outros cabaleiros e fidalgos, algo tivo que ver na morte de Pedro I.

miniatura|220px|esquerda|Coroación de Henrique II nunha miniatura medieval nas Crónicas de Jean Froissart.

Ó servizo de Henrique II Instalado xa Henrique no trono de Castela, moitos nobres galegos non quixeran prestarlle vasalaxe e ofreceran a coroa ó rei Fernando I de Portugal, que entrara en Galiza sendo recibido con grandes aclamacións de entusiasmo en Tui, Baiona, Salvaterra, Redondela, Ourense, Compostela, A Coruña e outros moitos lugares. Sabido isto polo rei Henrique, partiu, decidido á loita, desde Zamora con todos os seus grandes señores e cabaleiros aos que, sen dúbida, debeuse unir Fernán Peres. O rei portugués evitou a loita e embarcou nas súas naves, mais deixou na Coruña parte dos seus parciais e, como gobernador da cidade a Nuno Freire de Andrade, irmán de Fernán Peres que emigrara a Portugal.

Como represalia, Henrique II entrou en Portugal e tomou varias cidades lusas como Braga, Guimarães e Braganza, para despois volver a Castela sen que o monarca portugués lle fixese fronte. Pouco tempo despois, o rei Fernando apresara en augas de Lisboa uns buques casteláns, en virtude da alianza co duque de Lancaster, que aspiraba ó trono de Castela ó estar casado con dona Costanza, filla de Pedro I. De novo invade Henrique II o pais luso sen encontrar resistencia. Toma varias prazas e mesmo chega ós arrabaldes de Lisboa. O rei portugués acepta a paz que o cardeal de Boloña, legado do Papa, trataba entre el e o rei castelán. Froito do tratado de paz, os portugueses deixaron A Coruña no 1372, que pasou a ser gobernada por Fernán Peres de Andrade.

Tras estes feitos, Fernán Peres de Andrade pasou a ser o señor indiscutible de todas as terras desde o Ortegal ata A Coruña. O ascenso na nobreza prodúcese co seu nomeamento como primeiro señor de Pontedeume e Ferrol, en virtude do privilexio outorgado en Burgos o 19 de decembro de 1371 por Henrique de Trastámara. O 3 de agosto de 1373 recibiu do mesmo rei o señorío da Vila de Vilalba.

Baixo o reinado de Xoán I miniatura|dereita|200px|Xoán I de Castela Morto Henrique II en 1379 sucédeo no trono o seu fillo Xoán I ao que continúa servindo. Ó pouco tempo, en 1380 ten que intervir a petición do mosteiro de Sobrado para que o Andrade devolva as propiedades que lles tiña usurpado desde había máis dunha década. Fartos de reclamaren a Fernán Péres, acode o subprior de Sobrado a solicitar a mediación real. O rei ordena a devolución das propiedades do mosteiro ó cal accede o señor de Pontedeume, mais non completamente, xa que non devolve a parte de máis valor da granxa e couto de Nogueirosa onde xa tiña edificado o seu castelo. Un episodio semellante produciuse no mesmo ano cos monxes do mosteiro de Bergondo co mesmo ditame rexio de devolución das propiedades monásticas.

Xoán I reclamara o trono portugués trala morte de Fernando I en 1383 por estar casado coa súa filla Beatriz, herdeira lexítima ó trono luso. En 1384, no contexto da guerra de sucesión de Portugal entre Xoán I de Castela e Xoán, mestre de Avis, irmán bastardo de Fernando I, os portugueses asolan as costas galegas. Fernán Péres de Andrade acode á defensa de Betanzos que asediaba Pedro Enríques de Castro, conde de Trastámara e sobriño do rei de Castela ó que traizoara. O señor de Pontedeume logra manter a praza, mais parece que houbo avinza entre o conde rebelde e o Andrade para que aqueles se retiraran sen ter tentado o asaltoVéxase o artigo citado de José F. Correa na revista Cátedra, páx 109.

En 1386 Xoán de Gante, duque de Lancaster, asedia A Coruña. O motivo deste ataque é a vella pretensión do duque ó trono de Castela. O 25 de xullo de 1386, aproveitando o forte rexeitamento da nobreza galega á dinastía dos Trastámara, e a derrota dos casteláns en Aljubarrota, cerca A Coruña cun cento de barcos. Defendía a cidade Fernán Péres de Andrade, como alcaide dela que era. Moitos cronistas falan dunha defensa heroica da cidade sen que caera en mans inimigas. Porén, outros historiadores din que hai poderosos argumentos para supor que a cidade caeu en mans dos ingleses, mesmo o Andrade puido chegar a un acordo co duque para manterse como alcaide. O feito é que o duque de Lancaster chegou a dominar case toda Galicia durante case dous anos. Finalmente, o rei Xoán I de Castela e o duque de Lancaster chegaron a un acordo, grazas ó cal os ingleses retiráronse e Fernán Péres continuou sendo alcaide da Coruña.

miniatura|300px|Sepulcro gótico de Fernán Peres de Andrade, igrexa de San Francisco, Betanzos.

Casamento, sucesión e pasamento Fernán Peres de Andrade casou con Sancha Rodríguez (coa que tivo dúas fillas: María Fernández de Andrade, Inés Fernández de Andrade, e un fillo, Fernández de Andrade, que morreu novoFicha de Fernán Peres de Andrade en sologenealogia.com) e con Constanza de Moscoso, mais deste matrimonio non tivo descendencia. Morreu en agosto do ano 1397 e legou o seu patrimonio ao seu sobriño Pero Fernandes de Andrade (fillo do seu irmán Xoán Freire de Andrade), continuador da liñaxe.

O sartego onde repousan os seus restos mortais, na igrexa de San Francisco de Betanzos, está considerado unha das xoias da escultura gótica galega.

Lendas A lenda conta que o sobrenome de O Bo vénlle da despedida do seu pai cando, acompañando a Henrique de Trastámara, o veu marchar cara a Francia para apoiar ó rei galo na guerra que mantiña co monarca inglés, dixo: Se bo, que bo compañeiro levas.

Outra lenda di que mandou construír sete igrexas, sete mosteiros, sete hospitais e sete pontes, o cal non anda lonxe da realidade pois foi inmenso o seu afán construtor.

Mecenádego e beneficios outorgados No terreo cultural, Fernán Peres amosou un especial interese pola literatura. Ao seu patrocinio débese a primeira versión galega da Crónica troianaA Gran Enciclopedia Galega afirma que a mandou traducir para a súa lectura persoal., feita polo seu capelán Fernán Martís.

Favoreceu especialmente ó mosteiro de Monfero, ó que cedera tódalas súas inmensas propiedades de Ortigueira para o establecemento da granxa que despois se chamou de Sáa. En palabras do historiador César Vaamonde Lores: Levárase a cabo esta cesión por escritura do 21 de marzo do ano 1373; mais como o abade non cumprise co estipulado nela, por outra, outorgada en Pontedeume o 2 de febreiro do ano 1395, pola súa devoción e pola súa ánima, confirmara Fernán Pérez e dera outra vez ó mosteiro tódolos bens e xuros que tiña en terra de Santa Marta e o demais que constaba na primitiva escritura, coa condición de que o dito abade fundase alí unha graña e puxese nela un monxe para o coidado e bo goberno da súa facenda, dándolle tanto gando grande e miúdo para que o monxe quedase contento; que había, así mesmo, plantar viñas; que os bens expresados -indícaos- no poderían ser vendidos, empeñados, trocados, cedidos nin arrendados; que de non cumpri-lo referido abade co contido na escritura, fose esta nula.Páxina 85 de Ferrol y Pontedeume de César Vaamonde Lores; referido por Couceiro Freijomil na súa Historia de Pontedeume

Edificacións miniatura|Torre da homenaxe do castelo dos Andrade en Vilalba.

Castelos Castelo de Andrade en Nogueirosa: de nova creación. Torreón dos Andrade en Pontedeume: probablemente no mesmo sitio que ocupaba un anterior. Moeche: non hai documentación que o demostre, mais a súa arquitectura propia do século XIV e ser o de Andrade señor daquelas terras, parecen confirmar a autoría de Fernán Peres. Vilalba: pertencía a Fernando de Castro do que foi desposuído por Henrique de Trastámara, xunto co señorío de Vilalba, por ser partidario de Pedro I e Fernando I durante as Guerras Fernandinas. Naraío en San Sadurniño: pertencera anteriormente a un cabaleiro chamado Gonzalo Piñeiro. Henrique de Trastámara doouno a Fernán Peres.

Pazos Dos Andrade en Pontedeume: edificado ó carón do Torreón para a súa residencia. Pontes Todas mandadas facer por Fernán Peres. As existentes na actualidade son de nova factura: Do Eume entre Pontedeume e Cabanas: existía previamente unha de madeira. A nova ponte era de cantería, inicialmente tiña 68 arcosCarlos de Castro: Calles, plazas y jardines de Pontedeume, páx 137. ISBN 978-84-921952-4-4. Era unha das máis longas de Europa no seu momento con capela e hospital no medio da ponte. Na entrada á ponte están representados o oso e o xabaril, animais simbólicos da familia AndradeVéxanse os artigos de José F. Correa nos nos 2 (1995) e 7(2000) da revista Cátedra: A Ponte do Hume I e II . Ponte do Porco no río Lambre entre Miño e Paderne: o nome débese á cabeza de xabaril que aparecía no arco central. De Xuvia entre Narón e Neda sobre o río Xuvia. Ponte Sigüeiro sobre o Tambre: aínda existe unha inscrición orlando un escudo de armas dos Andrade que di: Fernán Pérez acabou esta ponte.

miniatura|300px|Igrexa do mosteiro de San Francisco en Betanzos.