O termo cunca pode referirse a:
En cociña unha cunca é un recipiente empregado para conter líquidos. En xeografía unha cunca é unha área de terreo deprimido. En xeografía unha cunca hidrográfica ou fluvial é a parte da superficie terrestre que desauga a través dun mesmo río. En minaría unha cunca mineira é a área onde se atopa un xacemento mineiro. En xeoloxía unha cunca sedimentaria é a acumulación notable de sedimentos produto da erosión da superficie terrestre. En música unha cunca tibetana é un instrumento musical usado na musicoterapia ou na música relaxante.