"Disarm" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro sinxelo e o sexto tema do seu segundo álbum, Siamese Dream. "Disarm" foi escrita por Billy Corgan e é unha das cancións máis coñecidas da banda. Corgan considéraa persoalmente a canción máis importante de Siamese Dream.

A BBC prohibiu que a canción saíse no seu programa Top of the Pops debido á letra "cut that little child", e foi moi pouco radiada no Reino Unido. Esa letra, xunto con "what I choose is my choice" e "the killer in me is the killer in you", tamén deron lugar a certa controversia, e algúns o leron coma que o aborto é asasinato. Porén, incluso coa prohibición e tempo limitado na radio, acadou o número 11 na lista de sinxelos do Reino Unido debido ás súas fortes vendasOfficial Charts Company .

Lista de cancións UK 7" vinyl single "Disarm" (Corgan) – 3:17 "Siamese Dream" (Corgan) – 2:38

UK CD single 1 "Disarm" – 3:17 "Soothe" (Corgan)-2:35 "Blew Away" (Iha) – 3:31

UK CD single 2 "Disarm" – 3:17 "Landslide" (Nicks) – 3:10 "Dancing in the Moonlight" (Thin Lizzy) – 4:21

Notas

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins