Illa Stefansson (Stefansson Island) é unha illa do arquipélago ártico canadense, pertencente ao territorio de Nunavut, Canadá.
Ten unha superficie de 4.463 km². A illa, polo norte, está bañada polas augas do Estreito Vizconde Melville (Viscount Melville Sound); e, polo leste, polas augas da Canle M'Clintock. Atópase xusto á beira da Península Storkerson da Illa Victoria, separada pola Canle de Goldsmith. O punto máis elevado de Illa Stefansson ten unha altitude é 290 m.
A illa leva o seu nome en honra do explorador do Canadá Vilhjalmur Stefansson (1879-1962).
Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas deshabitadas Stefansson Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica