A Kontinental Hockey League (KHL; en ruso: Континентальная Хоккейная Лига (КХЛ), Kontinental'naya khokkeynaya liga, en galego: Liga Continental de Hóckey) é un campionato internacional profesional de hóckey sobre xeo fundado no ano 2008. Está formado por equipos con sede en Belarús (1), Kazakhstán (1), China (1) e Rusia (19), para un total de 22.
A KHL está considerado como a principal competición de hóckey sobre xeo en Europa e Asia, así como a segunda máis forte do mundo despois da National Hockey League norteamericana. A nivel de público, a KHL é a terceira competición europea deste deporte en asistencia de público por partido, tendo unha media de 6 121 espectadores por encontro en liga regular, e a primeira en espectadores totais cun acumulado anual de 5,32 millóns. O título de campión da KHL leva o nome de Copa Gagarin, sendo temén outorgado o título de Campión de Rusia ao equipo deste país mellor clasificado.
Historia O campionato KHL creouse no ano 2008 coa intención de substituír o anterior campionato, a Superliga Rusa, e subir o nivel do hóckey europeo en xeral e o ruso en particular, tentando mellorar unha liga considerada como a segunda mellor do mundo por detrás da NHL.Across the Pond (NHL.com) e mesmo competir directamente cos norteamericanos, para o que os equipos realizaron fortes investimentos en xogadores da National Hockey League que motivaron unha disputa entre as dúas ligas que rematou solucionándose coa sinatura de varios acordos sobre fichaxes e drafts. A nova liga contou na súa primeira tempada, a 2008-09, cos 20 equipos que formaban a Super Liga, sumados ao Khimik Voskresensk, que gañara a Vysshaya hokkeinaya liga (Segunda División) a tempada 2007-08. Ademais outros tres equipos estranxeiros apuntáronse para participar: o HC Dinamo Minsk de Belarús, o Dinamo Riga de Letonia, e o Barys Astana de Kazakhstán. O 12 de abril de 2008 disputouse o sétimo e definitivo partido das series finais, que finalizou coa vitoria por 1 gol a 0 do Ak Bars Kazan sobre o Lokomotiv Yaroslavl, alzándose o equipo de Kazán como o primeiro campión da Copa Gagarin.
Para a tempada 2009-10 a KHL podería contar con 30 equipos. Entre os clubs convidados pola Liga constan formacións coma o Frölunda HC e Färjestads BK de Suecia, o Oulun Kärpät de Finlandia, o Sokil Kyiv de Ucraína e o EC Red Bull Salzburg de Austria entroutros, aínda que estes non confirmaron o seu ingreso. Para a tempada 2009 participará o Avtomobilist Ekaterinburg de Rusia (que non puido ingresar en 2008 por problemas financeiros).
Formato Desde 2009, a liga está dividida en dúas en conferencias, a Leste e Oeste. Actualmente cada conferencia está formada por doce equipos dividios en dúas divisións de seis equipos cada unha. Cada equipo xoga catro xogos contra cada opoñente da división (20), tres xogos contra cada opoñente de conferencia que non é da división (18) e dous xogos contra cada opoñente que non é da conferencia (24), facendo isto un total de 62 xogos.
Os oito equipos mellor clasificados de cada conferencia clasifícanse para disputar os playoffs polo título de campión. As roldas eliminatorias dispútanse entre equipos da mesma conferencia. Deste xeito, en cada conferencia dispútanse eliminatorias de cuertos de final, semifinais e finais, de onde saen os dous equipos que xogarán a gran final pola Copa Gagarin. Cómpre destacar que os gañadores de cada división obteñen consideración de cabezas de serie. Desta forma, ocupan o primeiro e segundo postos cabeza de serie en función do seu balance en temporada regular. Todas as roldas de playoffs xóganse como series ao mellor de sete encontros.
Na temporada 2012−13, introduciuse a Copa Nadezhda (Copa da Esperanza), un torneo de consolación para os equipos que non se clasificaron para os playoffs. O equipo gañador do torneo gaña a primeira selección xeral no Draft da KHL. O torneo ten como obxectivo estender a temporada e axudar a manter o interese no hockey nas cidades destes equipos.
Equipos
Xogadores Por nacionalidade A nacionalidade dun xogador é ás veces ambigua por diversas razóns. Para a táboa que se presenta a continuación, a nacionalidade "determínase en función do último país que o xogador representou nunha competición internacional. Se un xogador nunca xogou para un equipo nacional, xeralmente elíxese o país de nacemento como a nacionalidade do xogador, a menos que haxa probas sólidas que indiquen o contrario". Para os xogadores nados en antigas repúblicas soviéticas, a situación adoita ser máis complexa debido á dobre cidadanía e a naturalización. O xogadores non rusos representan ao redor do 30-35% dos xogadores da KHL, sendo na súa maioría centroeuropeos, nórdicos e norteamericanos. Cómpre destacar que os equipos rusos están limitados a un máximo de cinco xogadores estranxeiros por equipo. País (equipos actuais) 2012–13 2013–14 2014–15 2015–16 2016–17 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 Austria – – – – – – – – 1 Belarús (1 equipo) 33 43 50 41 38 39 35 49 50 Bélxica – – – – 1 – – – – Canadá 32 63 51 35 53 51 58 60 47 China (1 equipo) – – – – 3 – 2 – – Croacia 1 4 4 4 6 2 1 – – República Checa 45 47 29 35 35 33 28 20 23 Dinamarca – 1 2 4 3 5 6 4 3 Finlandia (1 equipo) 40 37 51 48 51 42 45 46 54 Francia – – 1 1 2 – 3 1 1 Alemaña 1 2 2 1 – – – 2 3 Italia – – – 2 2 – – – – Israel – – – – – 1 – – – Kazakhstán (1 equipo) 33 37 34 40 37 38 33 38 30 Letonia (1 equipo) 35 34 29 34 33 33 29 35 34 Lituania – – – – – 2 1 1 – Noruega 3 3 3 1 – 1 – – – Rusia (19 equipos) 569 599 613 657 678 661 596 586 659 Eslovaquia 53 44 32 28 28 24 24 6 6 Eslovenia – 2 4 4 4 4 3 – – Corea do Sur 1 1 – – – – – – – Suecia 24 21 27 26 23 25 24 30 33 Suíza – – – – 1 – – 1 – Ucraína 12 17 2 2 4 2 – – – Estados Unidos 14 21 26 20 25 20 20 14 17Total896 976 960 983 1 027983908893961
Estatísticas de xogadores Récords nunha temporada Liga regular A seguinte é unha lista cos mellores rexistros acadados por xogadores de forma individual. Récord Nome Temporada Puntos 85 Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17 Goles 48 Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17 Asistencias 65 Nikita Gusev (SKA) 2018–19 Tiros a porta 253 Darren Dietz (Barys) 2018–19 Plus/minus +48 Vladislav Gavrikov (SKA) 2018–19 Penalty minutes 374 Darcy Verot (Chekhov) 2009–10 Vitorias 38 Jakub Kovář (Avtomobilist) 2018–19 Shutouts 13 Alexei Murygin (Yaroslavl) 2015–16
Playoffs Récord Nome Temporada Puntos 33 Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14 Goles 15 Evgenii Dadonov (SKA) 2014–15 Danis Zaripov (Magnitogorsk) 2016–17 Asistencias 20 Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14 Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17 Tiros a porta 82 Evgeny Kuznetsov (Chelyabinsk) 2012–13 Plus/minus +16 Dominik Graňák (Dynamo Moscova) 2012–13 Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17 Penalty minutes 69 Maxim Goncharov (Ufa) 2015–16 Vitorias 16 Alexander Yeryomenko (Dynamo Moscova) 2011–12, 2012–13 Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) 2013–14 Mikko Koskinen (SKA) 2014–15 Emil Garipov (Kazan) 2017–18 Ilya Sorokin (CSKA Moscova) 2018–19 Shutouts 7 Lars Johansson (CSKA Moscova) 2020–21
Récords en toda a carreira Liga regular Récord Nome Anos Puntos 756 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Goles 351 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Asistencias 434 Vadim Shipachyov (Cherepovets, SKA, Dynamo) 2008–2021 Partidos xogados 685 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Plus/minus +224 Alexander Radulov (Ufa, CSKA) 2008–2016 Penalty minutes 1050 Yevgeni Artyukhin (SKA, Atlant, CSKA, Novosibirsk, Dynamo, Vityaz) 2008–2021 Vitorias 271 Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021 Shutouts 71 Vasily Koshechkin (Togliatti, Mognitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Playoffs Récord Nome Anos Puntos 172 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Goles 68 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Asistencias 104 Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021 Partidos xogados 161 Yevgeny Biryukov (Magnitogorsk, Ufa) 2008–2021 Plus/minus +52 Danis Zaripov (Kazán, Magnitogorsk) 2008–2021 Penalty minutes 312 Grigori Panin (Kazán, CSKA, Ufa) 2008–2021 Vitorias 71 Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021 Shutouts 16 Ilya Sorokin (CSKA) 2015–2020
Estatísticas de equipos Desde a súa fundación en ano 2008 teñen xogado 35 equipos diferentes na KHL, con 32 deles conseguindo nalgunha ocasión clasificarse para os play-offs. Dos 24 equipos actuais, tan só o Metallurg Novokuznetsk e o Khimik Voskresensk nunca conseguiron disputar as eliminatorias pola Copa Gagarin. Actualmente, ningún deses dous equipos forman parte da competición. A táboa mostra a clasificación final da liga regular de todos os equipos, coa súa actuación nos play-offs indicada por medio de cores. Os equipos están ordenados en función dos seus mellores resultados no campionato.
Datos de asistencia Dende a súa creación no 2008, a KHL foi acadando unha maior popularidade que se traduciu nun aumento na asistencia do público aos pavillóns, producíndose un aumento de case 1 000 espectadores na audiencia media dende a tempada inaugural até a temporada 2012−13 a pesar de producirse un aumento no número de equipos. A continuación preséntanse os datos de asistencia total e media aos partidos da KHL por tempada.
TempadaAsistencia totalAsistencia media2008–09 3 886 948 6 2332009–10 4 223 698 6 2642010–11 4 293 271 6 944 2011–12 4 320 908 6 8612012–13 4 775 086 6 9122013–14 5 190 133 6 6142014–15 6 066 093 7 4052015–16 5 875 645 7 0652016–17 5 892 889 7 2102017–18 5 318 175 7 0052018–19 5 644 804 7 5442019–20 5 118 949 6 854
Palmarés TemporadaEquiposFicheiro:Gold medal icon.svg Campión da Copa GagarinFicheiro:Silver medal icon.svg Finalista da Copa Gagarin Resultado Gañador da Copa Continental Máximo goleador2008–09 24 Ak Bars Kazan Lokomotiv Yaroslavl 4–3 Salavat Yulaev Ufa* (129 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 34 G, 42 A) 2009–10 24 Ak Bars Kazan HC MVD 4–3 Salavat Yulaev Ufa (129 puntos) Sergei Mozyakin (66 puntos: 27 G, 39 A) 2010–11 23 Salavat Yulaev Ufa Atlant Moscow Oblast 4–1 Avangard Omsk (118 puntos) Alexander Radulov (80 puntos: 20 G, 60 A) 2011–12 23 Dynamo Moscova Avangard Omsk 4–3 Traktor Chelyabinsk (114 puntos) Alexander Radulov (63 puntos: 25 G, 38 A) 2012–13 26 Dynamo Moscova Traktor Chelyabinsk 4–2 SKA San Petersburgo (115 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 35 G, 41 A) 2013–14 28 Metallurg Magnitogorsk HC Lev Praha 4–3 Dynamo Moscova (115 puntos) Sergei Mozyakin (73 puntos: 34 G, 39 A) 2014–15 28 SKA San Petersburgo Ak Bars Kazan 4–1 CSKA Moscova (139 puntos) Alexander Radulov (71 puntos: 24 G, 47 A) 2015–16 28 Metallurg Magnitogorsk CSKA Moscova 4–3 CSKA Moscova (127 puntos) Sergei Mozyakin (67 puntos: 32 G, 35 A) 2016–17 29 SKA San Petersburgo Metallurg Magnitogorsk 4–1 CSKA Moscova (137 puntos) Sergei Mozyakin (85 puntos: 48 G, 37 A) 2017–18 27 Ak Bars Kazan CSKA Moscova 4–1 SKA San Petersburgo (138 puntos) Ilya Kovalchuk (63 puntos: 31 G, 32 A) 2018–19 25 CSKA Moscova Avangard Omsk 4–0 CSKA Moscova (106 puntos) Nikita Gusev (82 puntos: 17 G, 65 A) 2019–20 24 Cancelada debido á pandemia de COVID-19CSKA Moscova (94 puntos) Vadim Shipachyov (65 puntos: 17 G, 48 A) 2020–21 23 Avangard Omsk CSKA Moscova 4–2 CSKA Moscova (91 puntos) Vadim Shipachyov (66 puntos; 20 G, 46 A) *Na primeira tempada, o Salavat Yulaev Ufa foi o campión da liga regular, mais a Copa Continental aínda non era entregada.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial da KHL Canle da KHL en www.youtube.com
Categoría:Kontinental Hockey League