As avenoiteiras, noiteboas, noitebras ou noitaregasVV.AA. (2008): Dicionario Xerais Galego-Castelán, Castellano-Gallego. Vigo: Ed. Xerais, páx. 75. é o nome co que se coñecen popularmente as aves da orde dos caprimulxiformes pertencentes á familia dos caprimúlxidos.

Estes nomes débense aos seus hábitos nocturnos. Son aves de ás longas e patas curtas, que normalmente fan o seu niño no chan e que se alimentan de insectos voadores, como bolboretas e mosquitos. Os membros deste grupo atópanse amplamente espallados no mundo.

Os caprimúlxidos son aves pouco coñecidas, sobre todo debido aos seus hábitos nocturnos e á súa plumaxe críptica. Porén, están espallados por todo o planeta, principalmente nas rexións máis quentes. Teñen o costume de vivir preto de rabaños, xa que estes lles garanten unha boa concentración de insectos.

Clasificación Subfamilia Chordeilinae Nyctiprogne Podager Lurocalis Chordeiles Subfamilia Caprimulginae Nyctidromus Phalaenoptilus Siphonorhis Nyctiphrynus Caprimulgus Macrodipteryx Hydropsalis Uropsalis Macropsalis Eleothreptus Subfamilia Eurostopodidae Eurostopodus Lyncornis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caprimulxiformes Caprimúlxidos

Ligazóns externas Caprimulgiform na Enciclopedia Británica. Caprimulgidae na Enciclopedia Británica. Chordeilinae na Enciclopedia Británica.

Categoría:Caprimulxiformes