O Ovarense Basquetebol é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Ovar, Portugal. O equipo xoga na Liga Portuguesa de Basquetebol (LPB), a máxima categoría do baloncesto luso. A A.D. Ovarense creou a súa sección de baloncesto en 1970 por iniciativa de John Gonçalves, desde aquela o club logrou proclamarse campión de Liga até en cinco ocasións, a última en 2008.

Historia A sección de baloncesto do club foi fundada en 1970 por iniciativa dun membro emprendedor, John Gonçalves. Entre 1976-77 e 19778-79, só seis anos despois da creación do club, o Ovarense ascendeu á categoría nacional. O equipo nunca perdeu a categoría, e a chegada de dous xogadores americanos de calidade a finais dos '80 déronlle ao equipo a calidade que precisaba para subir de categoría.

DJ e Mario Elie, un futuro campión da NBA, chegaron a Portugal en 1987 e foi nese ano no que o Ovarense conseguiu gañar o seu primeiro título de Liga, algo impensable unha década antes, gañando o capionato fronte a un Benfica pragado de estrelas. Dende aquela o equipo de Ovar é considerado un dos cinco mellores equipos de baloncesto do país, gañando novamente o título de Liga nas tempadas 2000, 2006, 2007 e 2008.

Palmarés Ligas de Portugal Campión (5): 1987-88, 1999-00, 2005-06, 2006-07, 2007-08. Taça de Portugal Campión (2): 1988-89, 1989-90. Supertaça de Portugal Campión (8): 1988-89, 1990-91, 1993-94, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2006-07, 2007-08. Taça da Liga Campión (3): 1991-92, 1996-97, 2000-01. Torneio dos Campeões Campión (3): 2004-05, 2006-07, 2007-08.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Portugal