O Košarkarski Klub Olimpija, popularmente coñecido durante moitos anos por motivos de patrocinio como Union Olimpija, foi un equipo de baloncesto profesional da cidade de Liubliana (Eslovenia). O Olimpija gañou 23 campionatos de Liga, incluíndo oito títulos consecutivos entre 1992 e 1999. Tamén gañou 20 torneos de Copa, 8 títulos de Supercopa e unha Copa Saporta. En xullo de 2019, o equipo fusionouse co KK Cedevita, formando un novo club: o KK Cedevita Olimpija.

Historia O Košarkarski Klub Olimpija foi fundado en 1946 como unha sección da Sociedade de Cultura Física de Svoboda para competir na liga de baloncesto de Iugoslavia.. O primeiro partido de baloncesto do club foi ese mesmo ano contra o Udarnik, gañando a Olimpija quedou porcun marcador de 37-14. A finais de 1946, o club pasou a chamarse Enotnost e foi coñecido por ese nome ata 1954 cando asumiu o nome de AŠK Olimpia. O Olimpija gañou o seu primeiro título da Liga Iugoslava na temporada de 1957 baixo a dirección do adestrador/xogador Boris Kristančić. Nos anos seguintes, o Olimpija gañou cinco títulos iugoslavos máis: 1959, 1961, 1962, 1966 e 1970. Unha nova era para o club comezou coa independencia de Eslovenia cando Olimpija gañou oito títulos de liga consecutivos entre 1992 e 1999.

No escenario internacional, a temporada 1993–94 foi a mellor tempada do club xa que gañou a Recopa de Europa ante o Taugrés, club español da Liga ACB Taugrés baixo a dirección do adestrador Zmago Sagadin. Na temporada 2001–02, Olimpija gañou a "pequena Tripla Coroa", levando o campionato da Liga, a Copa e a Liga do Adriático. O club foi membro fundador da Asociación de Baloncesto Adriático en 2015. O 8 de xullo de 2019, o Olimpija fusionouse co equipo croata Cedevita formando o KK Cedevita Olimpija, club que segue a xogar en Liubliana. En novembro de 2020, as accións do club foron transferidas ao KK Mornar Bar.

Patrocinios O club tivo diversos nomes ao longo da súa historia, algúns debidos a motivos de patrocinio:

KK Svoboda (1946) KK Enotnost (1947–1954) AŠK Olimpija (1955–1976) Brest Olimpija (1976–1978) Iskra Olimpija (1978–1982) Smelt Olimpija (1983–1997) Union Olimpija (1997–2017) Petrol Olimpija (2017–2019)

Xogadores Dorsais retirados N°XogadorPosiciónEtapa Marko Milič Ala-pivote 1994–1997, 1999–2000, 2006–2009 Ivo Daneu Base 1956–1970

Destacados

Borut Bassin Mirza Begić Jaka Blažič Primož Brezec Vlatko Čančar Ivo Daneu Goran Dragić Erazem Lorbek Marko Milič Boštjan Nachbar Radoslav Nesterović Alen Omić Beno Udrih Klemen Prepelič Peter Vilfan Jure Zdovc Aron Baynes Vassil Evtimov Krešimir Ćosić Vinko Jelovac Damir Markota Damjan Rudež Walter Berry Danny Green Dāvis Bertāns Šarūnas Jasikevičius Soumaila Samake Jiří Welsch Radisav Ćurčić Nikola Janković Giorgi Shermadini Vladimir Stepania

Adestradores

Boris Kristančič (195?–1967) Lazar Lečić (1973–1975) Krešimir Ćosić (1976–1978) Lazar Lečić (1978–1982) Zmago Sagadin (1985–1994) Sergej Ravnikar (1995) Peter Vilfan (1995) Janez Drvarič (1995–1996) Žarko Đurišić (1996) Zmago Sagadin (1996–2002) Tomo Mahorič (2002–2003) Sašo Filipovski (2003–2005) Josip Grdović (2005) Denis Bajramović (2005) Zmago Sagadin (2005–2006) Tomo Mahorič (2006) Gašper Okorn (2006–2007) Memi Bečirović (2007–2008) Aleksandar Džikić (2008) Jure Zdovc (2008–2011) Miro Alilović (2011) Sašo Filipovski (2011–2013) Miro Alilović (2013) Aleš Pipan (2013–2015) Memi Bečirović (2015) Gašper Potočnik (2015–2016) Gašper Okorn (2016–2018) Zoran Martič (2018) Saša Nikitović (2018–2019) Jure Zdovc (2019)

Palmarés Iugoslavia Liga Campións (6): 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970 Subcampións (8): 1953, 1956, 1958, 1960, 1965, 1967, 1968, 1969

Eslovenia Liga Campións (17): 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018 Subcampións (8): 2003, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2019 Copa Campións (20): 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2020 Subcampións (3): 2004, 2007, 2014 Supercopa Campións (7): 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013 Subcampións (5): 2010, 2011, 2012, 2014, 2018

Internacional Liga do Adriático Campións (1): 2002 Subcampións (1): 2011 Copa Saporta Campións (1): 1994 Euroliga Final Four (3): 1962, 1967, 1997 Liga SBA (Liga Centroeuropea) Campións (2): 1993, 1994

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil oficial do equipo en Euroleague.net

Categoría:Equipos de baloncesto de Eslovenia Categoría:Liubliana