John Hanning Speke, nado o 4 de maio de 1827 e finado o 15 de setembro de 1864, foi un militar do exército británico da India e explorador de África, coñecido polo descubrimento do nacemento do río Nilo e do Lago Vitoria.

Traxectoria miniatura|Retrato de John Hanning Speke dunha fotografía orixinal de Southwell Brothers de arredor do ano 1863. miniatura|A ruta da expedición de Burton e Speke (1857-1858) e Speke e Grant (1863). De mozo serviu no Panxab (India) e explorou o Himalaia. Fixo tres viaxes de exploración a África. Tamén foi o autor da "hipótese hamita", unha das principais causas sospeitosas do xenocidio de Ruanda.

Na súa primeira viaxe, en 1854, uniuse ao famoso Richard Francis Burton para unha expedición a Somalia. Speke permaneceu na cidade de Barbera á espera do regreso de Burton, quen, partindo de Zaila, logrou chegar, a pesar das dificultades, á 'cidade prohibida' de Harar.

Fixo dúas viaxes máis a África con Richard Francis Burton en busca das fontes do río Nilo (1857 e 1858). Na segunda desas viaxes descubriron o lago Tanganica. Debido á enfermidade de Burton, Speke continuou ata que descubriu o lago Vitoria, ao que sinalou como a fonte do Nilo ao seu regreso a Inglaterra sen esperar o regreso de Burton.

Debido a unha polémica con Burton (que non aceptou que o Lago Vitoria fose a fonte do Nilo), regresou uns anos máis tarde (en outubro de 1860) para demostrar que os seus cálculos eran correctos, e descubriu as fervenzas do Ripon, que intuíu que eran onde naceu o Nilo. Desta volta volveu pola beira norte, aínda que non puido facelo seguindo todo o curso do Nilo por problemas coas tribos veciñas. Seguiu a dirección norte ata Gondokoro (no Sudán) onde coñeceu a Samuel Baker e á súa muller subindo río arriba, e rematou por Exipto para regresar a Inglaterra.

A discusión con Burton orixinouse do feito de que Burton cría que o Nilo naceu no lago Tanganica, pero Speke díxolle que non podía ser, porque este lago estaba por debaixo do nivel do lago Vitoria e que a auga non podía subir. Determinou o aumento do nivel nuns 360 m.International Lake Environment Committee Este cálculo baseouse na diferenza da temperatura de ebulición da auga en ambos os lugares. Anos máis tarde Henry Morton Stanley demostrou que Speke tiña a razón.

Morreu aos 37 anos nun sospeitoso accidente de caza en Somerset por un disparo do seu propio rifle, na mañá do 18 de setembro de 1864, día sinalado para o enfrontamento cara a cara con Burton para probar a súa teoría, organizada pola sección xeográfica da British Bath Association. Este feito fixo que a teoría errónea de Burton prevalecera ante a opinión pública ata que Henry Morton Stanley a refutou en 1877.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

— Includes Charles Waterton, John Hanning Speke, Henry Seebohm and Mary Kingsley. (the only full-length biography).

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Nados en Inglaterra