"G.L.O.W." é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado o 4 de novembro do 2008. Foi emitida por vez primeira na emisora de radio Q101 o día 29 de setembro do 2008. Este é o derradeiro sinxelo que conta co batería Jimmy Chamberlin, que deixou a banda en marzo do 2009.

"G.L.O.W." lanzouse como descarga dixital en iTunes e tamén como tema descargable para o Guitar Hero World Tour, xunto con "1979" e "The Everlasting Gaze". A banda realizou un vídeo musical para o tema co director Justin Coloma que apareceu no seu MySpace o 2 de decembro do 2008.

Listaxe de cancións Digital 45 "G.L.O.W." – 3:20 "Superchrist" – 7:05

Guitar Hero Download Package "G.L.O.W." - 3:20 "1979" - 4:24 "The Everlasting Gaze" - 4:01

Categoría:Sinxelos de 2008