O eucalipto azul, eucalipto branco ou eucalipto (Eucalyptus globulus)Sinonimia: E. cordata, E. glauca, E. diversifolia.A FAO, nunha reclasificación da sistemática desta especie, utiliza a forma E. globulus Labill. subsp. globulus. J. S. Labillardiere foi quen identificou esta especie, en 1792, a partir de mostras recollidas en Tasmania. é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Constitúe unha das especies de árbores nativas de Australia máis espalladas ao longo do mundo. Estas árbores adoitan medrar até os 30 ou 55 m de altura. O meirande espécime desta especie atópase na illa de Tasmania e mide 90,7 m. Existen rexistros antigos de árbores aínda máis altas, chegando a meirande aos 101 m.Lewin, D. W. 1906: The Eucalypti Hardwood Timbers of Tasmania O Avó de Chavín (Viveiro), cuns 7,6 metros de circunferencia na base e máis 61,8 metros de altura, é o eucalipto máis alto da Península Ibérica e un dos máis altos de Europa Datos da Consellería do Medio Rural. Outras fontes dan medidas diferentes: 10,5 metros de perímetro e 67 metros de altura (La Voz de Galicia (31.01.2009) , que di basearse en datos oficiais), ou máis de 80 metros de altura (Turgalicia ).. A distribución natural desta árbore abrangue a illa de Tasmania e o sur do estado australiano de Victoria (particularmente no sur do estado). Existen poboacións nativas illadas en King Island e Flinders Island, ambas as dúas illas no estreito de Bass. Froito das repoboacións con fins económicos ou ornamentais, existen na actualidade poboacións establecidas no sur de Europa (particularmente en Galicia e Portugal), sur de África, Nova Zelandia, oeste dos Estados Unidos (California), Hawai e a Macaronesia.

En inglés denomínase Tasmanian Blue Gum, Southern Blue Gum ou Blue Gum. Os termos Tasmanian (con orixe en Tasmania) e Southern (sureño ou meridional) fan referencia á orixe meridional da árbore (sur de Australia e norte de Tasmania). Blue Gum refírese á cor (blue=azul) do zume que sae de xeito abondoso da codia da árbore cando se lle fan cortes. Gum é o caucho que se forma cando o zume supura. En galego coñécese coma eucalipto azul ou tamén eucalipto branco (pola cor da súa codia). Existen tamén, segundo a zona, unha ampla sinonimia para denominar a especie.

O eucalipto azul foi proclamadp emblema floral do estado de Tasmania o 27 de novembro de 1962. O nome da especie vén do latín globulus, pequeno botón, e fai referencia á forma do opérculo.

Descrición Porte miniatura|250px|Follas de eucalipto novas (á dereita, aovadas) e adultas (á esquerda, falciformes). Tamén, flores e froitos. Trátase dunha árbore esvelta, que alcanza unhas alturas medias de 45-55 metros, aínda que non son infrecuentes exemplares de alturas moito maioresO Avó de Chavín supera os 60 metros de altura; en Australia, un exemplar que caeu en 1906, medía 101 metros. Coñecíase como Lady Franklin Tree., de copa oblonga e tronco normalmente moi recto, do que nacen pólas en toda a súa lonxitude pero que adoita perder as máis baixas. Existen especies de Eucalyptus de forma arbustiva.

Tronco O troco é recto e mostra moitas veces unha tendencia á torsión helicoidal. A cortiza adoita ser fina e lisa, desprendéndose en longas tiras para deixar ao descuberto o tronco abrancazado ou cincento; nalgunhas especies son anchas láminas de cortiza as que caen. Moitas veces esas tiras quedan pendurando do tronco ou das pólas inferiores. Nalgunhas especies, a cortiza é fibrosa e persistente, mostrando os sucos normais dunha cortiza, ben en toda a súa extensión ou só na base. As raíces son moi profundas.

A madeira é de cor clara, tirando a amarelada, de textura aberta e aneis de crecemento evidentes. Resiste ben a humidade.

Follas É de folla perenne, de disposición alterna e de forma ovada ou lanceolada, cando as follas son novas (ata uns 2 anos), ou falciforme, cando son adultasRealmente, as follas adultas do eucalipto son filodios: órganos que semellan unha folla, pero que son talos ou pecíolos dilatados e modificados para cumprir a función fotosintética que correspondería ás follas.. As primeiras son brandas, azulentas (glaucas), opostas e sen pecíolo (sésiles), duns 7-16 x 4–9 cm; as segundas, coriáceas, teñen pecíolo, normalmente péndulas, e son alternas e de cor verde escura, de ata 30 cm de lonxitude por 3–4 cm de ancho. Outra diferenza vén representada polas pólas: as xuvenís teñen unha sección cuadrangular, con catro arestas ben visibles, mentres que as adultas son de sección arredondada; aquelas están cubertas, ademais, por unha substancia branca (pruína) que perde se se refrega lixeiramente.

As xemas son espidas e acompañadas de xemas dormentes ou de reversión (tecnicamente, epicórmicas). Este tipo particular de xema agromará se morren as primeiras a consecuencia dun incendio, o que permite a rápida recuperación da árbore. Mesmo son quen de producir novas follas nas partes máis baixas das ramas cando estas medran excesivamente, con risco de quebrar.

Flor e froito miniatura|esquerda|222px|Froito (cápsula) do eucalipto miniatura|esquerda|222px|Tipo de solo no que pode medra-lo eucalipto, de tan só uns centímetros de terra fértil. Florece en primavera e verán pero pode verse en flor en calquera época do ano. No caso do E. globulus as flores son solitarias pero noutras especies adoitan formar pequenos acios. Son sésiles ou cun pequeno pedúnculo e preséntanse dentro dunha cápsula leñosa, de forma piramidal, con catro costelas ben marcadas e provista dun opérculo cun mamelón. Este froito é o resultado da modificación e fusión do cáliz e a corola. O opérculo despréndese ao madurar a flor, que presenta numerosos estames brancos. A disposición dos froitos (solitarios ou agrupados), a forma e o tamaño do pedúnculo son elementos diferenciais á hora de recoñecer a especie.

O ovario transfórmase nun froito tamén en cápsula, denominado popularmente casulo ou carabulloDiccionario de Diccionarios, 2003.. Mide uns 2,5 cm de diámetro e presenta catro cavidades contendo numerosas sementes do seu interior, moi pequenas (nunha media de 70 sementes por gramo).

Necesidades ambientais É unha árbore moi pouco esixente canto ás características do chan (desde solos graníticos a areais, desde solos de só uns centímetros de terra fértil ata fecundas terras pardas), o que explica en parte a súa capacidade de difusión e crecemento, soportando sen problemas condicións climatolóxicas adversas e réximes subhúmidos a hiperhúmidos. Estímaselles unha supervivencia en torno aos 200 anos.

Distribución

A área nativa do eucalipto é Tasmania, o Promontorio de Wilson e a costa adxacente de Victoria (Australia), así como as illas do estreito entre Tasmania e Australia.

Desde moi pronto, tralo seu descubrimento exportouse a outros continentes onde gañaron unha importancia económica relevante debida ao feito da súa rendibilidade para producir pasta de celulosa, usada na fabricación de papel. A FAO xa cuantificaba a superficie reforestada en España en 1973 en 390.277 ha, principalmente en Andalucía (269.029 ha).

O eucalipto en Galicia miniatura|esquerda|200px|Plantación de eucaliptos en Viveiro. Obsérvese a diferenza entre as follas novas (nas árbores novas da parte inferior da fotografía) e as adultas. Algunhas fontes indican que foi Frei Rosendo Salvado (1814-1900), que evanxelizou Australia, quen trouxo a árbore a Galicia a mediados de século XIXSilva Pando non ve verosímil esta teoría porque o lugar de residencia do misioneiro estaba a máis de 3.000 km da zona australiana onde medra o E. globulus, e supón que, de mandar algo, sería outra especie., se ben outras fontes aseguran que as nosas árbores foron importadas dende Portugal. Non hai coincidencia na data exacta da súa introdución: Silva Pando afirma que comezou a plantarse en Galicia en 1845-1855; o edafólogo Díaz-Fierros dá como primeira cita en Galicia a de 1863En Asturias, en 1865; en Cantabria, 1866; no País Vasco, 1867., e tamén supón que procede de plantacións portuguesas, onde se coñecía desde 1839Francisco Díaz-Fierros Viqueira, La Voz de Galicia (1 de setembro de 1989).; Pablo Ramil Rego asegura que Rosendo Salvado enviou as sementes en 1886La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2009.. Eucalipto de gran porte nun parque de Santiago de Compostela.|miniatura|dereita

Nun principio cultivouse como árbore ornamental, e así podemos ver exemplares na Alameda de Santiago, nos xardíns do Gran Hotel da Toxa (O Grove) ou no Pazo de Rubiáns (Vilagarcía); pero axiña se espallou por toda Galicia (e o norte peninsular) para o seu aproveitamento madeireiro, dado o seu rápido crecemento e facilidade de cultivo na climatoloxía galega: se a mediados dos sesenta do século pasado o eucalipto ocupaba en Galicia uns poucos centos de hectáreasPablo Damil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria (La Voz de Galicia, 3.02.2009)., cara a 1992 eran unhas 40.000 hectáreasSilva Pando. Refírese a eucaliptais puros, aos que habería que sumar outras 100.000 ha de superficie arborada mixta, con piñeiros e frondosas autóctonas. e en 2009 tiñamos xa 375.000Tomás Fernández Couto, Director Xeral de Montes da Xunta de Galicia (La Voz de Galicia, 10.05.2009).. Hoxe está amplamente distribuído por toda Galicia, especialmente na franxa costeira, xa que non medra tan doadamente a alturas superiores aos 500-700 metros de altitude por ser sensible ás xeadas. En calquera caso e aínda que non resiste temperaturas por baixo dos -5 °C, recupérase rapidamente grazas a eses brotes epicórmicos que se mencionaron antes.

Os distintos autores coinciden en que o verdadeiro problema da especie foi a repoboación masiva con eucaliptos que tivo lugar no tardofranquismo, no momento no que cedeu o monocultivo do piñeiro para empezar a subvencionar o eucalipto. Estas subvencións, xunto ao alto prezo que pagaban as papeleiras nun principio, a alta produtividade (que podía chegar a 40 m³ por hectárea e ano) e o abandono do medio rural daqueles tempos de puxante industrialización, fixeron que moitas terras que antes se dedicaban a outros cultivos pasasen a ser sementadas de eucaliptos, mesmo terras agrícolas de alto valorÉ frase célebre desta época que se plantaban eucaliptos ata na horta da casa..

Dende hai uns 25 anos estase utilizando nas repoboacións forestais da Galicia interior unha especie resistente ás xeadas e á altitude, o Eucaliptus nitens, que presenta o inconveniente de que a súa madeira non é tan axeitada para a fabricación de pasta de celulosa coma a do eucalipto branco.

O E. globulus representa máis do 95 % da especie en Galicia. Outras especies presentes, como ornamentais ou como especie forestal, son o E. obliqua (de casca fibrosa e madeira de moi boa calidade)Esta especie foi a primeira descrita para este xénero., o E. viminalis (tamén de cortiza rugosa, pero só na base), o E. macarthuri, o E. calophylla (de flor vermella), o E. camaldulensis, o E. delegatensis (unha das especies que alcanza maior altura) ou o E. robusta.

Consecuencias ecolóxicas O eucalipto pode ser considerado como a especie arbórea máis controvertida en GaliciaComo se reflicte nas denominacións ideolóxicas que por veces recibe: vampiro vexetal para uns, ouro verde para outros (El Independiente (Madrid), 8.06.1990)., con defensores e detractores que non sempre tiveron en conta os datos científicos (Silva Pando). Xa se dixo que os efectos negativos foron máis unha consecuencia das plantacións masivas que se realizaron a partir do último terzo do século pasado, como acontece con calquera monocultivo pero agravados, neste caso, polas características peculiares desta especie.

Entre as críticas que se lle fan destaca, en primeiro lugar, o feito de presentar unha extrema avidez pola auga, que pode chegar a causar o desecamento de pozos e ríos próximos. Nestas elevadas necesidades de auga inflúe a densa rede de raíces, capaz de aproveitar a mínima greta do subsolo.