V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %."La tele de La Voz se estrea cun residual 0,3 % de audiencia" , Xornal de Galicia, 16 de xuño de 2010 .

Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.La Voz desmantela Voz Televisión tras retirarle sus socios el apoyo económico . Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.

Características A cadea da Voz foi a única televisión autonómica privada de capital galego, e dispoñía da última tecnoloxía. Os sistemas operativos permitían editar contidos de maneira simultánea en radio, televisión e Internet. Ademais, non se operaba con cintas, senón con memoria sólida. Todos os traballadores utilizaban materiais dispoñíbeis en rede e os controis de realización e emisión estarán robotizados. O seu obxectivo era ofrecer unha televisión de alta calidade e centrada nos intereses de Galicia.Constituida la compañía Medios Audiovisuales Gallegos S. L. para desarrollar el canal autonómico de televisión de La Voz, La Voz de Galicia, 31/01/2008. Consultada o 12 de setembro de 2018.

Esta canle comezou a emitir en probas o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a esta cadea foi do 0,3 %. A partir de maio de 2010, V Televisión comezou a emitir tamén na compañía de cable R.particulares.mundo-r.com "V Televisión chega a R en maio" , Mundo R. Consultada o 12 de setembro de 2018.

A súa grella estivo conformada por programas informativos, faladoiros, debates e programas deportivos, entre outros, ademais de programas que xa eran habituais na emisora do Grupo Voz, Radio Voz. Un dos seus programas máis seguidos foi Vía V, dirixido e presentado pola xornalista Fernanda Tabarés, rodeada dun grupo politicólogos, analistas políticos e comentaristas, de maneira ininterrompida desde o principio, desde a redacción de La Voz de Galicia, onde estaba situado o estudo de gravación do programa.

miniatura|255px|Sede de La Voz de Galicia, en Arteixo, desde onde se emitía V Televisión.

De luns a xoves, ás 10 da noite e durante máis de dúas horas de directo, o programa tomáballe cada día o pulso á actualidade informativa de Galicia, España e o mundo. Por el pasaron máis de 750 entrevistados, entre eles, algunhas das figuras públicas máis destacadas: Xosé Neira Vilas, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón e Xosé Manuel Beiras, entre outros. Os acontecementos máis importantes dos últimos tempos foron contados en tempo real en Vía V, como o accidente de Angrois, a morte de Hugo Chávez ou o contaxio polo virus do Ébola dunha enfermeira galega, así como todas as eleccións municipais, autonómicas, nacionais e europeas que se celebraron desde 2010. En total, máis de 250 persoas pasaron polo programa para analizar a actualidade durante máis de mil programas.«Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018.

Nos seus últimos anos, a canle centrouse en emitir en horario de máxima audiencia, o resto de horas, salvo algunhas excepcións, emitía teletenda.

No 2019 La Voz de Galicia, a través da empresa Medios Digitales de Galicia, renunciou á licenza. A Xunta de Galicia volveuna a sacar a concurso mais tivo que declaralo deserto polo falta de ofertas.

Programación A programación de V Televisión era xeneralista.

Programas informativos: Informativos VTelevisión, Vía V... Entretemento: Hai que andar, Ollo de pez, Leopardo das neves, Tu Night, Vaia praia, Última Fronteira, Vaia V... Series: Para mariñeiros, nós, The Wire, Presa humana, May day, Border security, Cazadores de pitóns... Realities: Perdidos en Galicia, Fóra de pista... Divulgación: Máis que petiscos, Van de verde, Ata a cociña... Docucoach: Galego con curso... Docurreportaxe: Xente Emerxente, De bares en ruta, O gran día, Atréveste?...

Notas

Véxase tamén Outros artigos La Voz de Galicia Fernanda Tabarés

Ligazóns externas Páxina web de V Televisión Os primeiros minutos de vida de V Televisión. Con Fernanda Tabarés presentando, 30-05-2010. YouTube. Entrevista a Xosé Neira Vilas en Vía V, 5-3-2012. YouTube. Entrevista a Xosé Manuel Beiras en Vía V, 17-6-2015. YouTube. PP y PSOE pactan para cerrar en falso el accidente de Angrois 3 años después V Televisión, 10-5-2016. YouTube.

Categoría:Cadeas de televisión de Galicia Categoría:Grupo Voz Categoría:Cadeas de televisión desaparecidas de España Categoría:Canles de televisión en lingua galega