Daniel Lago Barreiro, nado en Rábade en 1990, é un actor galego.

Traxectoria Fillo do político socialista Luis Ángel Lago Lage"Teatro a baixas temperaturas", publicación de Beni Mántaras no blog Dende o norte, 3 de novembro de 2008 (consultado o 13 de marzo de 2010), Daniel Lago comezou a súa andaina como actor, sendo cativo, cando no 2001 foi escollido para o papel de Brais na serie de televisión Terra de Miranda da TVG"El Brais de Terras de Miranda", artigo de María Caravel en La Voz de Galicia, 25 de novembro de 2002 (consultado o 13 de marzo de 2010). Ten aparecido en varias series feitas en Galiza en episodios esporádicos incluíndo a exitosa serie galega Pratos combinados.

Na serie Matalobos interpreta a Iván Matalobos, o fillo do protagonista, se ben o seu personaxe falece no capítulo 28, a mediados da segunta tempada.

Compaxina a súa carreira na interpretación coa profesión de veterinario, carreira que estudou en Lugo"Para viajar: hilo, chicles y el bote de las lentillas", entrevista de Alba Villar en El Progreso, 6 de agosto de 2009 (consultado o 13 de marzo de 2010). Asemade tamén práctica o deporte do rugby, pertencendo ao primeiro equipo do Muralla R.C. da cidade de Lugo, desenvolvéndose nos postos de á, centro e zagueiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Matalobos (serie de televisión) Muralla R.C.

Ligazóns externas Daniel Lago en AVG

Categoría:Actores de Rábade Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores infantís de Galicia Categoría:Nados en Rábade Categoría:Nados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes