Fahrid Murray Abraham, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 24 de outubro de 1939, é un actor norteamericano de ascendencia italo-siria.

Traxectoria Estudou na Universidade de Texas e en 1961 estudou interpretación con Uta Hagen en Nova York. Comezou a súa carreira de actor no teatro, debutando en 1965 nos Ánxeles. Gañou o Oscar ao mellor actor por Amadeus (1984). Abraham é profesor de arte dramática no Brooklyn College e na Universidade de Nova York.

Filmografía Serán xigantes (Anthony Harvey, 1971) Tódolos homes do presidente (Alan J. Pakula, 1976) Amadeus (Milos Forman, 1984) O prezo do poder (Brian De Palma, 1984) O nome da rosa (Jean-Jacques Annaud, 1986) Russicum - I giorni del diavolo (Pasquale Squitieri, 1988) The Favorite (Jack Smight, 1989) The Bonfire of Vanities (Brian de Palma, 1991) O derradeiro grande heroe (John McTiernan, 1993) Loaded Weapon 1 (Gene Quintano, 1994) Nostradamus (Roger Christian, 1994) Poderosa Afrodita (Woody Allen, 1995) Star Trek: Insurrection (Jonathan Frakes, 1998) Muppets from Space (Tim Hill, 1999) Finding Forrester (Gus Van Sant, 2001) 13 fantasmas (Steve Beck, 2001) The Bridge of San Luis Rey (Mary McGuckian, 2004) Goltzius and the Pelican Company (Peter Greenaway, 2011)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1939 Categoría:Alumnos da Universidade de Texas en Austin Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia siria Categoría:Estadounidenses de ascendencia asiria Categoría:Óscar ó mellor actor