Estado Deplorável é unha banda de streetpunk/oi do sur do Brasil, de Jaraguá do Sul – SC de principios do século XXI, formada por catro traballadores dos arrabaldes da cidade. Estreouse cunha demo a principios do 2007, levando á banda a lugares como o lendario Curupira Rock Club e a varias cidades do estado catarinense. Lanzaron o seu primeiro EP no 2008. Logo no 2010 gravaron o álbum Ordem e Progresso que obtivo unha boa repercusión na escena independente brasileira. En principios do 2012 lanzaron o disco Magic Bus e conta cun cover da banda española La Polla Records. En 2016 lanzaron o disco "FOGO CRUZADO" e seguen excursionando polo Brasil para dar a coñecer o seu novo traballo Ordem e Progresso en www.tramavirtual.com.br.
Membros Ismael Niels: voz e guitarra João Furlani: voz e guitarra Márcio Jota Coelho: Batería Ex-Membros Rafael Rosá: Baixo (falecido no fim de 2011) Marcelo Bachmann: Voz e guitarra 2006-2009 Michael Zanghelini: Batería 2006-2008 Alessandro Rosá : Baixo 2011-2014 Gustavo Henrique Peitruka: Baixo 2014-2023 Diego Rosá: Batería Geverson Lopes: Batería
Discografía Medíocre Sociedade -2007 Reality Show From Hell – 2008 Vidas Vazias – 2009 Ordem e Progresso - 2010 Magic Bus - 2012 Fogo Cruzado - 2016 Resistência - 2023
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandas da Zona Punk Records Estado Deplorável en Myspace
Categoría:Grupos musicais do Brasil