A Major League Baseball (MLB, do inglés: Grandes Ligas de Béisbol ou Ligas Maiores de Béisbol) é unha organización de béisbol profesional con equipos nos Estados Unidos e o Canadá, a máis antiga do deporte profesional norteamericano. Un total de trinta equipos forman parte da organización, o cales compiten na Liga Americana (AL) e na Liga Nacional (NL). A NL e a AL foron fundadas como competicións independentes en 1876 e 1901 respectivamente. Aínda que a partir do ano 1903 comezaron a cooperar entre elas, mantivéronse como entidades legamente diferenciadas até a súa fusión no ano 2000 liderada polo Comisionado do Béisbol. A organización tamén supervisa a Minor League Baseball (Ligas Menores), competición que comprende 256 equipos afiliados aos clubs das Grandes Ligas, a World Baseball Softball Confederation e o Clásico Mundial.

Aínda que xa había equipos de béisbol que pagaban en segredo aos seus xogadores, o primeiro equipo abertamente profesional foi fundado en Cincinnati en 1869. As primeiras décadas do béisbol profesional caracterizáronse pola rivalidade entre ligas e xogadores, os cales mudaban habitualmente dunhas a outras. O período anterior a 1920 foi coñecido como a "dead-ball era", xa que a consecución de home runs durante estes anos era moi rara. Neste período de tempo o propio béisbol profesional correu perigo de desaparecer debido ás conspiracións para o amaño de partidos, o cal estourou co escándalo dos Medias Negras nas Series Mundiais de 1919. Porén, durante os anos seguintes a popularidade deste deporte medrou considerablemente, sobrevivindo á Gran Depresión e á segunda guerra mundial. Pouco despois da guerra o béisbol axudou a romper a berreira da cor coa chegada de Jackie Robinson, xogador afroamericano, á Liga.

As décadas de 1950 e 1960 foron tempo de expansión das ligas. Chegaron novos equipos e estadios, o que levou a unha mudanza no xogo coa chegada céspede artificial (o primeiro parque de béisbol en utilizalo foi o Astrodome). Nos anos 1990 os home runs dominaban a liga, levando aos medio á sospeita polo uso de esteroides anabólicos, finalmente destapada a mediados da década dos 2000. De feito, unha investigación de 2006 implicou a gran cantidade de xogadores polo consumo destas substancias, incluíndo polo menos un xogador de cada equipo.

Hoxe, a MLB está composta por trinta equipos: vinte e nove estadounidenses e un canadense. Cada equipo xoga 162 partidos por temporada, clasificánose cinco equipos de cada liga aos Playoffs, onde se xogan catro roldas que culminan nas Series Mundiais, unha eliminatoria ao mellor de sete partidos que enfronta aos campión de cada liga desde 1903. Hoxe en día os partidos de béisbol son retransmitidos por radio, televisión e Internet en Norteamérica e en moitos outros países todo o mundo. A MLB é a competición deportiva mundial con maior número de espectadores nos estadios, cun total de 73 millóns de asistentes en 2015.

Organización Administración A MLB está rexida pola Major League Baseball Constitution. Este documento, que ten pasado por diferentes versións, foi creado no ano 1876. Baixo a dirección do Comisionado do Béisbol, a MLB xestiona e mantén ao colexio de árbitros, alén de negociar os contratos de traballo, márketing e televisión. Ao contrario que noutros deportes nortemaericanos, a MLB matén unha relación de control única sobre o deporte, incluíndo moitos aspectos das Ligas Menores. Isto é debido en gran parte á sentenza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos de 1922 no caso "Federal Baseball Club v. National League", a cal sostiña que o béisbol non é un comercio interestatal e, por tanto, non está suxeito á lexislación federal antimonopolio. Esta sentenza, porén, foi perdendo poder ao longo dos anos, o cal outorgou máis estabilidade aos donos dos equipos. Ao longo dos anos houbo varios desafíos á suprmacía da MLB, por exemplo a Liga Federal de 1961 ou a Liga continental de 1960.

Actualmente, o xefe executivo da MLB é o comisionado Rob Manfred. Alén de Manfred hai outros seis executivos: o director de operación, o presidente (negocios e medios), o director de comunicacións, o director xurídico, o director financeiro e o director do béisbol. Cómpre destacar tamén a rama multimedia da organización, MLB Advanced Media, a cal ten a súa sede en Manhattan, Nova York. Esta sección supervisa MLB.com e cada unha das trinta páxinas webs dos equipos. Os seus estatutos estipulan que MLB Advanced Media posúe independencia editorial da liga, aínda estando baixo o mesmo control que a organización. Outra rama importante é MLB Productions, que se centra nos medios de difusión tradicionais. A MBL tamén posúe o 67 de MLB Network, unha canle de audivisual adicada ao béisbol. O outro 33 porcento da propiedade está reparido entre múltiples operadoras de televisión por cable e satélite. A MLB Network ten os seus estudos centrais en Secaucus, Nova Jersey, e conta tamén con independecia editorial da liga.

Competición Desde 1901 até 1960, a Liga Nacional e a Liga Americana contaban con oito equipos cada un. Para xestionar a relación entre ambas ligas, foi creada unha Comisión Nacional. Con escaso éxito, esta débil comisión foi substituída en 1920 polo moito máis poderoso Comisionado do Béisbol, o cal foi dotado do poder de toma de decisións de forma unilateral sobre todos os xogadores do béisbol profesional. En 1960 a MLB incorporou oito novos equipos, incluíndo o primeiro equipo non estadounidense (os Montreal Expos). Na década de 1970 chegaron outros dous novos equipos, os Seattle Mariners e os Toronto Blue Jays. Entre 1969 e 1993, cada unha das ligas estaba constituída por unha División Leste e outra Oeste. A terceira división, a Central, foi creada en 1994. Até 1996, as dúas ligas tan só se reunían no mesmo campo durante as Series Mundiais e o All-Star. De feito, os primeiros partidos de liga regular entre equipos das Ligas Nacional e Americana foron introducidos en 1997.

En marzo de 1995, a MLB outorgou dúas novas franquías, os Arizona Diamondbacks e os Tampa Bay Devil Rays (actualmente Tampa Bay Rays), para comezar a xogar en 1998. Esta adición elevou o número total de franquías a trinta. A principios de 1997 a MLB decidiu asignar un novo equipo a cada liga: Tampa Bay uniuse á Liga Americana e Arizona uniuse á Liga Nacional. O plan orixinal era ter un número impar de equipos en cada liga (quince por liga, con cinco en cada división), mais para que cada equipo puidese xogar diariamente houbo que programar partidos interligas durante toda a tempada Con todo, non estaba claro nese momento se o xogo interliga continuaría despois da tempada de 1998, xa que tiña que ser aprobado polo sindicato de xogadores. Por esta e outras razóns, decidiuse que ambas as ligas deberían continuar tendo un número par de equipos, polo que un club tería que mudar de liga. Así, os Milwaukee Brewers acordaron en novembro de 1997 pasar da Liga Americana á Nacional, o que converteu a esta última nunha liga de 16 equipos. En 2013, cando os Houston Astros mudaron de propietario, o equipo trasladouse da NL Central á AL West, o que resultou en que ambas as ligas tivesen tres divisións de cinco equipos cada unha e permitisen que todos os equipos tivesen un calendario máis equilibrado.

No ano 2000, a Liga Americana e a Liga Nacional disolvéronse como entidades legais e a MLB converteuse nunha única liga de jure, similar á National Football League (NFL), á National Basketball Association (NBA) e á National Hockey League (NHL). Con todo, a diferenza destas últimas, as subdivisións da competición reciben o nome de "ligas" en lugar de "conferencias". Actualmente ambas ligas teñen o mesmo regulamento salvo unha excepción, a existencia do bateador designado unicamente na Liga Americana. Esta diferenza é única entre o resto de competicións deportivas norteamericanas, as cales manteñen as mesmas regras para todos os seus equipos.

Equipos

División Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Ingreso Liga Americana Leste</font> Baltimore Orioles Baltimore, Maryland Oriole Park at Camden Yards 45.971 1894 1901 Boston Red Sox Boston, Massachusetts Fenway Park 37.949 1901 New York Yankees Nova York, Nova York Yankee Stadium 49.638 1901 Tampa Bay Rays St. Petersburg, Florida Tropicana Field 31.042 1998 Toronto Blue Jays Toronto, Ontario Rogers Centre 49.282 1977 Central Chicago White Sox Chicago, Illinois Guaranteed Rate Field 40.615 1894 1901 Cleveland Guardians Cleveland, Ohio Progressive Field 35.225 1894 1901 Detroit Tigers Detroit, Míchigan Comerica Park 41.297 1894 1901 Kansas City Royals Kansas City, Missouri Kauffman Stadium 37.903 1969 Minnesota Twins Minneapolis, Minnesota Target Field 38.871 1894 1901Oeste</font> Houston Astros Houston, Texas Minute Maid Park 41.676 1962 [NL] 2013 [AL] Los Angeles Angels Anaheim, California Angel Stadium 45.957 1961 Oakland Athletics Oakland, California Oakland Coliseum 46.847 1901 Seattle Mariners Seattle, Washington T-Mobile Park 47.943 1977 Texas Rangers Arlington, Texas Globe Life Field 40.300 1961 Liga Nacional Leste Atlanta Braves Atlanta, Xeorxia SunTrust Park 41.084 1871 1876 Miami Marlins Miami, Florida Marlins Park 36.742 1993 New York Mets Nova York, Nova York Citi Field 41.922 1962 Philadelphia Phillies Filadelfia, Pensilvania Citizens Bank Park 43.651 1883 Washington Nationals Washington, D.C. Nationals Park 41.313 1969 Central Chicago Cubs Chicago, Illinois Wrigley Field 41.268 1870 1876 Cincinnati Reds Cincinnati, Ohio Great American Ball Park 42.319 1869 1890 Milwaukee Brewers Milwaukee, Wisconsin Miller Park 41.900 1969 [AL] 1998 [NL] Pittsburgh Pirates Pittsburgh, Pensilvania PNC Park 38.362 1882 1887 St. Louis Cardinals St. Louis, Missouri Busch Stadium 43.975 1882 1892 Oeste</font> Arizona Diamondbacks Phoenix, Arizona Chase Field 48.519 1998 Colorado Rockies Denver, Colorado Coors Field 50.398 1993 Los Angeles Dodgers Os Ánxeles, California Dodger Stadium 56.000 1883 1890 San Diego Padres San Diego, California Petco Park 40.162 1969 San Francisco Giants San Francisco, California Oracle Park 41.915 1883 </div>

Estrutura da temporada Spring Training O Spring Training ou Adestramento de Primavera é unha serie de prácticas e partidos amigábeis que se xogan antes do comezo da liga regular. Os equipos das Grandes Ligas posúen campos de adestramento situados nos estados de Arizona e Florida, zonas dos Estados Unidos onde chegan antes as altas temperaturas que permiten adestrar sen os inconvenientes do frío do inverno. O Spring Training permite a novos xogadores postularse para obter o seu oco nos equipos da MLB, así como aos actuais xogadores adestrar para a temporada. Os equipos que realizan os adestramentos de primavera en Arizona están agrupados baixo a coñecida como Cactus League (do inglés: Liga do Cacto), mentres que os de Florida compiten na Grapefruit League (Liga do Pomelo).

Estes adestramentos duran tipicamente uns dous meses, desde mediados de febreiro até o inicio da liga a comezos de abril. Cómpre destacar que os pitchers e os catchers comezan a adestrar antes que os seus compañeiros. O Spring Training adoita atraer a moitos seareiros, que aproveitan para viaxar a climas máis cálidos e ver xogar aos seus equipos favoritos. De feito, estes adestramentos coinciden coas vacacións de primavera dos estudantes universitarios. Tamén soi moi transitados polos fans dos autógrafos, xa que teñen máis acceso aos xogadores que durante o resto do ano.

Temporada regular