O 21P/Giacobini-Zinner é un cometa con período de 6,621 anos. As características da súa órbita respecto da órbita terrestre fan que de que cada dúas revolucións unha delas sexa favorable para a observación, dado que o cometa pasa entón relativamente preto da Terra. Esa circunstancia acontece o 9 ou o 10 de outubro, entón observase a chuvia de meteoros das Giacobínidas ou Dracónidas (chamadas así porque o seu radiante sitúase na constelación do Dragón). Recibe o seu nome polos seus descubridores, Michel Giacobini e Ernst Zinner, que o avistaron por vez primeira o 20 de decembro de 1900. Atópase clasificado como cometa da familia de Xúpiter.
Elementos orbitais Época = 6 de marzo de 2006 Semieixo maior (a) = 3,526 UA Perihelio = 1,038 UA Afelio = 6,014 UA Excentricidade (e) = 0,7056 Período orbital (P)= 6,621 anos Inclinación (i) = 31,8108° Próximo perihelio = 2012 Designación actual = 21P/Giacobini-Zinner
Véxase tamén Outros artigos Cometa ISEE 3
Ligazóns externas Datos do 21P/Giacobini-Zinner da Base de Datos de Corpos Medianos do JPL Diagrama Orbital do 21P/Giacobini-Zinner
Giacobini-Zinner