A gralla calva (Corvus frugilegus, Linnaeus 1758) é unha das dez especies europeas da Familia dos Córvidos (Corvidae), da orde Passeriformes.

Descrición A gralla calva da subespecie nominal, Corvus frugilegus frugilegus, caracterizada polo seu peteiro impoñente e maila súa plumaxe metálica, espállase nunha ampla zona que vai da Europa Occidental até as estepas do Altai. Recoñéceselle doadamente por carecer de plumas na zona que rodea o peteiro.

A presenza da segunda subespecie, Corvus frugilegus pastinator, segue contiguamente pola costa pacífica. É decididamente máis pequeno e a súa plumaxe e dunha cor vermella purpúrea escura.

Distribución Distribución na Península Ibérica A poboación da gralla na península limitase unicamente a dous núcleos de poboacións: un na vila de Figueres e o segundo, de moita maior importancia, na provincia de Leónhttps://seo.org/boletin/seguimiento/censos/57%20graja/57%20graja.pdf. Debido ó illamento destas poboacións e á súa vulnerabilidade, a especie foi catalogada coma en perigro crítico pola sociedade española de ornitoloxía no seu libro vermello de aves do ano 2021https://seo.org/wp-content/uploads/2021/12/Resumen-Libro-Rojo-de-las-Aves-de-Espana-2021.pdf. A gralla na cultura popular galega En castelán denomínase graja ou grajo, e de aí o nome de graxos con que se coñecía ós mozos de Ourense que se dedicaban a repañar canto atoparan de valor, en pequenos e continuos roubos na cidade. Lamas Carvajal recolleuno así Eladio Rodríguez González, s. v. graxo. Publicado en Gallegada : tradiciós, costumes, tipos e contos d'a terriña, Ourense 1887.: .

Notas IUCN2006|assessors=BirdLife International|year=2004|ide=51156|title=Corvus frugilegus|downloaded=9 de maio de 2006 Database entry includes justification for why this species is of least concern Handbook of the Birds of Europe, the Middle East, and North Africa: The Birds of the Western Palearctic Volume VIII: Crows to Finches Chief Editor: the late Stanley Cramp, editado por C. M. Perrins ISBN 0-19-854679-3 Crows and Jays por Madge e Burn, ISBN 0-7136-3999-7

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Chamadas de corvos Corvos en perfil Cranio de corvo Vídeos de corvos, Internet Bird Collection

Categoría:Córvidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia