A cova do Cavallone (en italiano Grotta del Cavallone ou Grotta della Figlia di Jorio) é unha cavidade subterránea italiana situada nas proximidades de Lama dei Peligni, na provincia de Chieti, rexión dos Abruzos. Aberta nos meses de verán cunha cota de admisión, a súa primeira exploración data de 1704.
Situación A caverna atópase nas montañas do Parque Nacional da Majella e accédese a ela a través dun teleférico, que salva unha altura duns 550 metros. A base do teleférico está en Taranta Peligna, no quilómetro 27 da estrada S.P. 84.
Descrición A cova é de 10-20 metros de ancho e case a mesma altura todo o tempo, con numerosas espeleotemas incluíndo estalagmitas, travertinos e piscinas de gours. Ten iluminación eléctrica, con carreiros, pasos moi concretos e pontes de ferro.
Historia Os primeiros datos de exploración e documentación da cova son de 1704, a cargo de Jacinto De Simeonibus. Foi utilizada como refuxio durante a segunda guerra mundial, no período comprendido entre decembro de 1943 e febreiro de 1944 (aínda hoxe poden verse as firmas dos refuxiados dentro da cavidade). Foi novamente explorada nos anos 1950.
Ligazóns externas Grotta del Cavallone, na páxina do Concello Grotta del Cavallone, páxina oficial Grotta del Cavallone, en Abruzzoverdeblu.it
Cavallone