Air Algérie SpA é a aeroliña nacional de Alxeria, con sede na cidade de Alxer. Opera voos nacionais a 32 aeroportos e internacionais a 39 destinos en 28 países, ademais de tamén voos chárter, aerotaxi e agrícolas. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional, a Organización Árabe de Transportistas Aéreos, e a Asociación de Aeroliñas Africanas. Dende decembro do ano 2013 a compañía é totalmente propiedade do goberno do país.
Historia Formación e primeiros anos En 1946 creouse a Compagnie Générale de Transports Aériens (CGTA). Comezou a realizar voos chárter entre Alxeria e Europa no ano seguinte, pero cara finais da década xa tiña voos regulares servindo a Alxer, Basilea, Annaba, Xenebra, Marsella, París, Philippeville e Tolosa. Tres Bretagne de 34 asentos uníronse á frota de sete DC-3 en 1952. A Compagnie Air Transport (CAT), subsidiaria de Air France e a Compagnie Générale Transatlantique, formouse a finais dos 40 para conectar Basilea, Lión, Marsella, París e Tolosa con Alxer, Constantine e Orán. Tamén se iniciaron voos estacionais entre Londres e Deauville. Tras a caída de trafico despois de 1951 comezouse a considerar un socio para fusionarse. miniatura|250px|Constellation coa librea de Air Algérie en 1957 CGTA e CAT fusionáronse o 23 de maio de 1953 para formar a Compagnie Générale de Transports Aériens Air Algérie, cunha frota combinada que incluía un Breguet 761, seis Bretagne, cinco DC-3 e tres DC-4. Tras a fusión, Air Algérie comezou servizos estacionais cara Ajaccio, Clermont, Montpellier e Perpignan. Ademais, engadíuse a Suíza aos voos regulares, realizouse unha parada semanal en Palma de Mallorca coa súa asociación con Aviaco, e a meirande parte das rutas transmediterráneas foron operadas nun acordo con Air France, facendo a aeroliña francesa o 54% deses voos e Air Algérie o resto. A finais dos 50 engadíronse tamén voos a Cote d'Azur.
A aeroliña mercou dous Nord Noratlas en xullo de 1957, chegando un terceiro un ano despois. A compañía converteuse na primeira aeroliña privada francesa en pedir o Sud Aviation Caravelle a comezos de 1958, e o primeiro exemplar lle sería entregado polo fabricante en xaneiro de 1960. Tras a entrega o avión foi usado na ruta entre Alxer e París. O modelo tamén utilizouse nos voos entre París e Bône e París e Orán nos meses seguintes. Cara abril de 1960 a súa frota estaba formada por tres Caravelle, tres DC-3, dez DC-4, dous Lockheed L-749 Constellations e tres three Noratlas. Os Caravelle foron gradualmente despregados nas rutas anteriormente voadas polos Constellations e os DC-4, que foron usados para carga ou vendidos.
Independencia de Alxeria Dúas compañías navieiras, Compagnie Générale Transatlantique e Compagnie de Navigation Mixte, foron as donas da meirande parte das accións (98%) de Air Algérie ata que o país se independizou en 1962. Tras a independencia a Délégation Générale en Alxeria e Air France tomaron o da meirande parte da compañía. A estrutura financeira cambiou en marzo de 1963, cando as navieiras e Air France cederon un 31% da aeroliña, e o goberno arxelino tomou posesión do 51% dos activos da empresa, gañando o status de aeroliña nacional. En abril de 1964 o goberno incrementou a súa participación ata un 57%. Ese nes asinouse un contrato para a compra de dous Ilyushin Il-18 destinados a operar a ruta entre Alxer e Moscova. Air Algérie so recibiría un destes avións, xa que o contrato foi posteriormente cancelado. O único Il-18 da frota foi usado polo goberno. En abril de 1968 había oito DC-4 na frota e ese ano catro Convair 440 ex-Lufthansa foron mercados e convertidos á versión 640. Eses avións substituirían aos DC-4.
Cara marzo de 1970 o goberno era o dono do 83% da compañía; nese momento a frota estaba omposta por un Boeing 737-200, cinco Caravelle, catro CV-640, tres DC-3 e un DC-4. Société de Travail Aérien, unha aeroliña doméstica que fora fundada en 1968, foi absorvida por Air Algérie en maio de 1972. No mes de agosto pedíronse tres Fokker F27-400 por 2,5 millóns de libras. En setembro, cun segundo Boeing 737 pendente de entrega, pedíronse dúas unidades máis dese modelo (un deles convertible). Ese ano o goberno de Alxeria mercou as accións restantes posuídas por Air France e fíxose co 100% da aeroliña. Air Algérie abriría unha nova ruta a Karachi en 1975, e en novembro de 1979 pedíronse catro Boeing 727 por 62 millóns de dólares.
Cara xullo de 1980 Air Algérie tiña 5.621 empregados e unha frota de 57 avións, incluídos 14 Ag-Cat, seis Boeing 727-200, dez Boeing 737-200, tres Boeing 737-200C, un Boeing 747-200C, un Cherokee Six, dous Convair CV-640, un Douglas DC-8-63CF, un Nord 262 e 18 Queen Air.
Frota En setembro de 2015 a frota de Air Algérie estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de Air AlgériePasaxeiros<span style="color:white;">Avión<span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">PedidosPasaxeiros<span style="color:white;">Notas <span style="color:white;">F <span style="color:white;">C <span style="color:white;">Y <span style="color:white;">TotalAirbus A330-2008—14221962321814219251ATR 72-50012———6666——7070ATR 72-6003———6868Boeing 737-6005——1685101Boeing 737-700C—2TBABoeing 737-800187—48114162Boeing 767-3003—1016187213Boeing 787-8—8TBACargaLockheed L-100-30T1—colspan="4" Total5017
Notas
Categoría:Aeroliñas de Alxeria