O IES Porta da Auga foi un centro público de ensino secundario de Ribadeo, nomeado así pola situación respecto da antiga muralla da vila, relativamente da dirección da Porta da auga. Comezou sendo Centro de Formación Profesional de Ribadeo, IES de Ribadeo, IES nº 2 de Ribadeo, logo IES Porta da Auga e CIFP Porta da Auga. Posteriormente, segregouse en dous centros, ó establecerse que un CIFP non podía ter ensinanzas de ESO e Bacharelato, quedando nos mesmos edificios o IES Porta da Auga (de novo, usando ese nome para o centro que acubillaba ás ensinanzas de ESO de Bacharelato) e CIFP Porta da Auga (para as ensinanzas de Formación Profesional)

No ano 2012 o IES foi unificado co IES Dionisio Gamallo Fierros, constituíndo o IES de Ribadeo (logo renomeado como IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)

Na actualide, nas súas instalacións vive o CIFP Porta da Auga.

Nel impartíronse clases de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, así como dalgunha rama de Formación Profesional. (Automoción, Electricidade, Administrativo, e durante algúns anos no cambio entre os 80 e 90 do século XX, Sanitaria)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do IES Porta da Auga Decreto de extinción

Categoría:Ribadeo Porta da Auga Categoría:Ribadeo sen imaxes