Savage Garden foi unha banda de pop rock australiana formada por Darren Hayes (voz) e Daniel Jones (teclado, secuenciadores e guitarra) en Brisbane no ano 1993. O seu éxito internacional tivo lugar entre 1997 e 2001, acadando un feixe de números 1 con sinxelos como "Truly Madly Deeply", "I Want You", "To the Moon and Back", "The Animal Song" e "I Knew I Loved You".
Os seus priemiros dous álbums, Savage Garden e Affirmation,foron número 1 en Australia e Suecia e chegaron ao top ten no Reino Unido e os Estados Unidos. Estes álbums venderon un total de 23 millóns de copias en todo o mundo.Chris Lord-Alge Brings Mix of Humor Spirit. 5 de novembro de 2005. O grupo gañou un récord de dez premios ARIA Music Awards en 1997 polo seu álbum debut e os sinxelos relacionados. Disolvéronse a finais de 2001 con Hayes continuando como solista e Jones pasando á produción discográfica antes de converterse nun axente inmobiliario.
Discografía Savage Garden (1997) Affirmation (1999)
Premios e recoñecementos Venderon máis de 25 millóns de álbums e 15 millóns de sinxelos en todo o mundo. Pasaron cinco anos na lista de álbums do Reino Unido, a pesar de ter só dous discos publicados. Tiveron dez sinxelos Top 40 no Reino Unido. Destes, nove foron Top 20 e catro Top 10. A canción "Affirmation", pechou a cerimonia dos xogos Olimpicos do 2000 de Sydney. De media, Savage Garden vendeu 12'5 millóns de copias por álbum. Isto é máis que calquera outro artista australiano.
Savage Garden Estreouse no número 1 na lista de álbums Australian Aria onde pasou 7 semanas. Estivo 102 semanas no UK Top 200 Albums (96 dos cales foron consecutivas), chegando ao número 2, despois do seu lanzamento marzo 1997
Afirmación Estreouse no número 1 na lista de álbums Australian Aria onde permaneceu durante 6 semanas. Pasou 158 semanas no UK Top 200 Albums (99 dos cales foron consecutivas). Destes, 9 semanas consecutivas foron no Top 10 e 13 no Top 20.
"Truly Madly Deeply" Acadou o número 1 en Australia, onde permaneceu durante 8 semanas e gañou un disco de platino dobre. Acadou a posición número 1 na lista Billboard Hot 100 e permaneceu no top 10 estadounidense durante 26 semanas.
Notas
Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Queensland Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Grupos musicais separados en 2001